A portavoz do partido socialista do Incio, Laura Celeiro estivo aroupada pola Conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride e por outros representantes políticos, tales como o candidato ó Senado Luis Ángel Lago Lage, así como delegados que non dubidaron en apoiar unha vez máis á Agrupación Socialista do Incio, entre eles, o delegado de Medio Ambiente, Eduardo Vidal, o delegado de Política Territorial, Daniel Núñez Segada e finalmente o representante de Traballo; Miguel Ángel. Así como os Alcaldes de Sarria, Samos e Láncara, e outros compañeiros/as de partido, así como o máis importante, moitos veciños/as do Incio que asistiron entusiasmados ó primeiro acto de pre-campaña do Partido Socialista no Incio.
O Acto que comezou as 20:15 horas da noite no pavillón do Colexio do Incio, centrouse nun mitín de carácter pre-electoral, no que se animou á xente para que o vindeiro día 9 de marzo fora votar, para que Xosé Luis Rodríguez Zapatero poida revalidar novamente o seu mandato, e se podan completar deste xeito as políticas sociais, en infraestructuras e a modernidade do noso país que fai catro anos iniciou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario