Fai uns meses aparecía na Voz de Galicia unha noticia sobor do Médico dos pobres e da que nós, nos faciamos eco neste blog, na que os descendentes de Manuel Díaz ademáis de tentar recuperar a sua tumba entendían que era moi necesaria unha homenaxe pública á figura do médico dos pobres.
Buscando na hemeroteca da Agrupación socialista, no ano 1996, pediaselle o Álcalde do Incio que se lle adicara o nome dunha rúa do Incio ó que fora Alcalde, Deputado e Médico dos pobres Manuel Díaz.
Acontinuación expoñemos o que respondeu o Sr. Alcalde nun manifesto feito polo Comité Local do PSDG-PSOE do Incio e as Xuventudes Socialistas doIncio:
"O ser preguntado o Sr. Alcalde porqué non sacaba no orde do día as mocións que lle presentaba a oposición púxose a comentar algunha. Máis concretamente sobor da dedicación dunha rúa ó médico Don Manuel Díaz González. Dixo que non se lle ia adicar unha rua pois os mortos o que había que facer por eles era rezar. Por outra parte, que como morrera en circunstancias de Guerra Civil era mellor non tocar o tema e que así llo comunicara á familia. Como fillos non tiña e sobriños moitos ¿A quén llo comunicou?.
Non está mal, Sr. Alcalde, rezar polos mortos pero parecenos de dictadores puros e duros manifestar que despois de masacrar unha persoa ó longo de moito tempo non se poda nin nombrar. Nós ó propoñer a dedicación dunha rúa omitimos a sua ideoloxía e o detalle da sua morte. Non queremos nin agora nin nunca crear entre os veciños un ambiente de crispación senón resaltar as virtudes dese home. Parecenos moi propio de certas ideoloxías liquidar a un e despois decir que non se pode falar do caso. Comprendemos que non lle guste a dedicación dunha rúa a un home que foi médico do pobo, foi alcalde e deputado, que estivo sempre ó servizo desinteresado do pobo e morreu sen unha peseta a Vd, Sr. Alcalde, ese recordo non lle agrada. Qué diría, o Sr. Díaz González, se ve un alcalde, do seu pobo sen estudos facerse un palacete, ou rematalo, con piscina, cerre, a entrada que inutiliza o campo de uso público, que compra os terreos limítrofes, etc. Ignoramos se aquí ou fora terá máis posesións ¿Qué diría se ve figurar no presuposto do Concello catro millóns para comidas e festas?. Se entede por festas que vostede, organiza pois para as parroquias non hai un duro. Isto, Sr. Alcalde, pensamos que é o que a vostede lle molesta. E que todo esto se diga e se saiba cando se nos pide austeridade... Sr. Alcalde, sae sempre co mesmo: Que iso é cuestión política e que niso ninguén debe meterse. ¿Qué quedaría de Vd. sen a política? Desaparecería a personalidade e a persoa. O que sucede é que Vd. a quere como coto privado e que ninguén se meta en nada para seguir engordando e medrando. O pobo e a sua historia non contan.
Paseo a sesión formalmente, Sr. Alcalde, e adíquelle unha rúa. Polo menos, se é capaz de sentir algo, cando pase e vea o letreiro sentirá un pouco de rubor das suas comilonas, as suas dietas, a sua secretaria particular, os seus chóferes, o seu soldo. etc. "
O Incio, 18 de xullo de 1996.
No hay comentarios:
Publicar un comentario