As Asociacións de pais e nais de alumnos dos sete colexios galegos- O Incio, Samos, Triacastela, Portomarín, Abadín e Baleira, afectados pola decisión da Consellería de Educación de suprimir o primeiro ciclo da ESO para o vindeiro curso convocaron unha concentración en Santiago de Compostela para que se reconsidere a medida e se busquen solucións de consenso.
A manifestación desenrolarase entre as 12.00 e a 13.00 horas ante os edificios administrativos da Xunta de Galicia, en San Caetano. O Acto convocado polos lucenses está previsto que se sumen os afectados pola supresión da ESO nos centros pontevedreses de Arbo e Crecente.
Dende o Incio partirá un autobús gratuito as 9:30 horas diante do Colexio Ricardo Gasset do Incio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario