Ó redor de 150 persoas asistiron a unha reunión que se celebrou no Alfonso IX en Sarria para celebrar a primeira reunión do grupo de desenvolvemento rural (GDR) da Comarca de Sarria. A cita que foi convocada polas Asociacións da zona, supuxo o primeiro intercambio de impresións para coñecer a maneira de funcionar do grupo.
Na reunión afloraron as diverxencias entre os Alcaldes e as asociacións. No que compete a representación institucional dos Concellos estiveron os representantes de Láncara, Samos, Triacastela e Sarria, que apoiaron coas suas manifestacións unha maior representatividade para as institucións municipais. Esta proposta foi rexeitada polas Asociacións que consideran que deben ser eles os que leven a iniciativa.
Despois dun longo debate acordaron reunirse o día 16.
No hay comentarios:
Publicar un comentario