viernes, 27 de junio de 2008

O INCIO CON RISCO DE DESPOBOACIÓN


O Concello do Incio aparece na relación de 31 Concellos de Galicia que teñen a consideración de "zonas especial risco de abandono" de superficie agraria útil (ZERA) , según un estudo da Consellería de Medio Rural.
Por provincias, segundo o referido estudo, é Ourense a que encabeza a lista, aportando trece municipios, seguida de preto de Lugo que conta cun total de doce Concellos afectados polo despoboamento, atopandose no estudo, entre outros, o Concello do Incio e Ribas de Sil.
A provincia de Pontevedra queda nun terceiro lugar con outros cinco municipios na mesma situación. Sen embargo, ningún municipio da Coruña se atopa nesta situación, dacordo co estudo que valora o grao de despoboamento, o índice de envellecemento, a superficie total do concello e das explotacións agrícolas, as explotacións de bovino, os afiliados á Seguridade Social e as unidades de maquinaria agrícola coas que conta cada un.

No hay comentarios: