A Agrupación socialista do Incio pedirá que se actualice a páxina web oficial do Concello. http://www.concellodeoincio.com/ é a páxina oficial do Concello do Incio, unha páxina que pese a ser a única oficial do Concello, a que polo tanto debería de servir de espello do que acontece no noso Concello, para tod@s aqueles usuarios de internet, que por un ou outro motivo visiten á web, ben para informarse sobor das novas políticas do noso Concello (bandos, plenos, edictos), ben con ánimo de visitar o Concello, vaise atopar cunha páxina incompleta e desactualizada por completo.
Por exemplo, non hai na páxina web ningunha nova, entendemos os socialistas que nos Concellos pequenos, coma o noso non hai moito contar, pero sempre xorden novidades que os veciñ@s do Concello deben saber. (información de subvencións, axudas dependencia, programas termalismo, carné xove, etc)
Aquel foraneo que consulte a páxina web en busca de festas, tampouco vai atopar nada, nese apartado só hai as festas da Cervela, nin unha soa referencia as festas do Incio, ou as do Patrón San Eufrasio, as de Laiosa, Vilasouto...
Falta dicir que os bandos están por completo desactualizados o último do 2007, ó igual ca os plenos o último data do 2006.
Sendo esta a paxina web do Concello, a páxina que os usuarios empregan por defecto, tamén se bota de menos unha relación máis ampla dos establecementos e negocios do Concello, as empresas que temos no municipio.
Por todo o exposto, os socialistas do Incio entendemos que é de urxencia que se atenda este rogo e se actualice o recuncho de internet do noso Concello, que en definitiva é a imaxe do noso Concello, que os usuari@s de internet, vexan a través da web un Incio actualizado, con negocios, novas (información subvencións, bandos, plenos), festas e non un Concello obtuso e da idade de pedra.
Botadelle unha ollada á web e xuzgade por vós mesmos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario