viernes, 5 de septiembre de 2008

FALAR POR FALAR

A Agrupación socialista do PSdeG-Psoe vese na obriga de aclarar o acontecido en canto ó sucedido no último pleno do Concello do Incio.
En canto a declaración de urxencia do mesmo, votaron a favor del o grupo de goberno (PP) e os tres edís do (BNG) mantendo o voto en contra o PSdeG-PSOE. ¿Por qué? A resposta é ben sinxela: levamos menos dun mes con dous plenos convocados de xeito urxente de un día para outro, cando ningún dos plenos ten xustificada a sua urxencia.
No mes de agosto convocouse o primeiro para sacar adiante o proxecto do parque eólico da Cervela, e igualmente fomos convocados na véspera para un pleno celebrado ó día seguinte as 8:30.
Hai que ter en conta, que ningún dos nosos Concelleiros ten dedicación exclusiva no Concello, e polo tanto ten que traballar noutro lugar ... Se pola tarde o Concello está cerrado ¿A documentación que a consultamos de 08:00 a 08:30? Nese pleno a Agrupación socialista votou a favor da urxencia (porque non imos ser nós os que freemos o desenvolvemento do Incio)
Pois fai uns días, foinos comunicado á mediodía do día anterior (que tiñamos pleno ó día seguinte, pero neste caso, a xustificación da urxencia non existe.
Primeiro punto da orde do día: Leader fai xa bastantes meses que se ven tratando o tema en diversos medios de comunicación (non é urxente), adhesión ó Pacto Territorial polo Emprego, a primeira reunión foi en decembro do 2007, éramos un dos dez Concellos que quedabamos sen adherir, (non é urxente), adxudicación provisional da convocatoria pública para o parque eólico... a documentación ten que estar antes do 30 de setembro, estamos a día 5 (non é urxente)
Dende a Agrupación Socialista do Incio queremos unicamente poñer freo a estas situacións, que non se abuse da urxencia (por ter a maioría o grupo de goberno), que en principio estaría reservada en exclusiva para casos extremos, e de inaprazable debate. Lembremos que as sesións extraordinarias urxentes son as convocadas polo Alcalde cando a urxencia do asunto/s a tratar non permita convocar sesión extraordinaria coa antelación mínima de dous días hábiles.
O noso Alcalde descoñece o significado da palabra previsión, ou igual a coñece demáis é o único que pretende é evitar que os concelleiros asistan as sesións plenarias, pero non llo imos poñer nada fácil.
Con este comunicado tamén esperemos que quede saciada a curiosidade de J. García Bernardo e o seu punto de vista, a veces erronéo, pois antes de dalo debería informarse dos motivos e non falar por falar...

No hay comentarios: