miércoles, 10 de septiembre de 2008

PROPOÑEN CAMBIAR DE UBICACIÓN OS PETRÓGLIFOS DE VILASOUTO

Os petróglifos do Agro do Pepe, no municipio do Incio, sofren unha degradación que preocupa seriamente ás persoas interesadas na conservación do patrimonio arqueolóxico do sur lucense. Unha boa parte dese deterioro débese ás inscricións vandálicas feitas nos últimos anos sobre a rocha de pizarra onde se encontran os gravados rupestres. Por outro lado, os petróglifos están ameazados pola acción erosiva das augas do encoro de Vilasouto, que cubren a maior parte do penedo cando chegan ó seu nivel máis alto.
Algúns dos autores dos grafitis tallados na rocha xunto aos petróglifos incluso deixaron marcada a data en que cometeron a agresión contra o monumento prehistórico. Na pedra vense así inscripcións como Alex 2003, Judit 2001 ou Bruno 99, entre outras menos lexibles. Polo que respecta á auga do encoro, a sua acción sobre os gravados é cada vez máis patente, segundo opinan as persoas que observan desde hai anos o seu estado de conservación.
Ante este proceso destructivo, hai quen avoga por retirar os petróglifos do Agro do Pepe do seu emprazamento e trasladalos ao museo, a fin de impedir que acaben por desaparecer totalmente. Tal opinión foi manifestada a título persoal por membros da asociación monfortina Os Lactouros, que o pasado domingo organizou un percorrido pola zona.
O arqueólogo Xabier Moure, autor dun extenso inventario do patrimonio castrexo e megalítico da provincia, quen estudou este petróglifos hai poucos anos entre o 2002 e o 2003 "Penso que o mellor que se pode facer hoxe en día é cortar a rocha que contén o petróglifos antes de que se entraguen máis e instalala nun lugar seguro".
A xuízo do arqueólogo, os gravados rupestres do Incio figuran entre os conxuntos máis notables que se conservan en todo o territorio da provincia. No noso Concello, ademáis do conxunto do Agro do Pepe, coñécese a existencia de petróglifos nas parroquias de Santalla de Bardaos, Goo, Trascastro e Rendar.

No hay comentarios: