jueves, 4 de septiembre de 2008

SANIDADE AMPLIARÁ EN 3.000 METROS O CENTRO DE SAÚDE DE SARRIA

A Conselleira de Sanidade destinará máis de tres millóns de euros á ampliación do centro de saúde de Sarria. A sua titular, María Xosé Rubio, visitou onte, o solar anexo ó edificio, no que será construido outro inmoble de 3.000 metros cuadrados, que tamén posibilitará ampliar o Punto de Atención Continuada, que actualmente comparte espazos co propio centro de saúde.
Rubio, esplicou que ó presuposto señalado lle hai que sumar ainda o coste de equipamento. Asegurou que a ampliación posibilitará unha gran mellora na calidade asistencial dado que se incrementarán os espazos con unhas modernas instalacións. Unha das melloras será a incorporación de dous novos especialistas, un de medicina de familia e un pediatra.

No hay comentarios: