lunes, 17 de noviembre de 2008

O CONCELLO DO INCIO PERCIBE 5.797€ PARA O MANTEMENTO DO SERVIZO DE INFORMACIÓN XUVENIL

A Consellería de Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar vén de publicar as subvencións concedidas en virtude da Orde do 31 de marzo do 2008, pola que se convocan subvencións destinadas a entidades locais de Galicia para a realización de actividades dirixidas á xuventude, para a promoción de información xuvenil e para a incorporación da xuventude ás novas tecnoloxías. O noso Concello percibiu un total de 5.797€ para o Mantemento do Servizo de Información Xuvenil, Festa da xuventude e Cursos de informática.
Tocaralle ó partido socialista preguntarlle o noso rexedor cando se realizaron as actividades obxecto da subvención??.

No hay comentarios: