miércoles, 5 de noviembre de 2008

"YES, WE COULD". OBAMA FAI HISTORIA


Cumpriuse o soño do cambio. Unha maioría esmagadora converteu a Barack Obama no primeiro presidente negro dos Estados Unidos. Gañou ata nos estados decisivos de Florida, Ohio, Pensilvania e California. ''América envioulle unha mensaxe ao mundo'', dixo o presidente electo no seu primeiro discurso. Hoxe é un día para a historia.
A falta de que se resolvan por completo os escrutinios nos estados de Indiana, Montana, Missouri, Carolina do Norte e Alaska, os votos quedaron repartidos por estados deste xeito.Os demócratas gañaron en Washington, Oregon, California, Nevada, Minnesota, Iowa, Wisconsin, Michigan, Illinois, Ohio, Pensylvania, Nova Iorq, Vermont, New Hampshire, Maine, Massachussets, Rhode Island, Conneectivut, Nre Jersey, Delaware, Maryland, Hawaii; as grandes sorpresas, por 'territorios indecisos', Florida e Virxinia; e os 'miragres latinos' Colorado e Novo México.En Indiana líbrase unha loita por un puñado de votos: 1.348.277 para Obama (49,9%), 1.325.514 para McCain (49%). O mesmo ocorre en Caqrolina do Norte: gañan os demócratas por 2.101.986 votos, fronte aos 2.089.826 dos republicanos.O partido republicano fíxose cos delegados dos estados de Idaho, Wyoming, Dakota do Norte, Dakota do Sur, Nebraska, Utah, Kansas, Oklahoma, Texas, Arkansas, Kentucky, Virxinia do Leste, Tennessee, Carolina do sur, Alabama, Mississippi e Louisiana. Tamén nos indecisos de Arizona, Xeorxia e Montaa. En Missouri o resultado, aínda en reconto, é máis axustado, aínda que se prevé que favorecerá a McCain: 1.407.732 votos para o demócrata (49,7%), 1.390.155 (49%) para Obama.É previsible ademais que o feudo de Sarah Palin, Alaska, vote vermello.Por que venceu Obama?Os demócratas lograron facerse coa vitoria nos estados-indecisos-chave, os que máis delegados aportaban: Florida (27), Ohio (20), Virxinia (13) e, se se confirman os derradeiros datos, Indiana (11) e Carolina do Norte (15). En total, 86 votos electorais.Porén, McCain só acadou o triunfo en estados indecisos que non eran 'bisagra', é dicir, que aportaban poucos delegados. Dakota do Norte (3), Arizona (10), Xeorxia (15), Montana (3) e Missouri (11), valéronlle ao candidato demócrata 42 votos electorais.Dacordo con estes resultados, os demócratas acadaron 338 votos electorais; 159 os republicanos.No Senado, os asentos azuis ascenden aos 56; 40 os vermellos. E na Cámara de Representantes haberá 245 congresistas demócratas e 162 republicanos.O 4 de novembro de 2008, os Estados Unidos de América vestíronse de azul. E coas palabras do seu novo presidente electo: ''Cando nos digan que non podemos, nós imos contestar con este berro que resume o espírito do noso pobo: Si que podemos!!!!".

No hay comentarios: