Tanto o Goberno Central de Rodríguez Zapatero como o Goberno Autonómico de Touriño están amosando o seu constante compromiso co Concello do Incio, pois ainda que a cor do goberno local é diferente non discriminan o noso Municipio, como cando gobernaba o Partido Popular nas máis altas instancias.
Por un lado hai que ter en conta a creación do Fondo Estatal de Investimento Local por parte do Goberno Central que aportará 386,719 euros ó noso Concello, para facer obras a parte das que aparecen no presuposto para o ano 2009.
Diñeiro que se poderá destinar a adecuación, rehabilitación ou mellora de entornos e espazos públicos urbanos, así como a promoción industrial, equipamentos, construcción, supresión de barreiras arquitectónicas, promoción de turismo...
A todo isto, hai que engadir que no día de onte, Emilio Pérez Touriño anunciou que o Goberno galego destinará preto de 120 millóns de euros para á contratación e licitación de obra pública en materia de autoestradas na nosa comunidade. Unha vez máis o Incio non quedou fora, pois o Consello da Xunta deu xa o visto bo para a autorización do gasto por importe de 8,3 millóns de euros , que se invertirán na mellora da seguridade viaria do vial que comunica Sarria con Triacastela e Sarria con Santa Cruz do Incio. As actuacións afectarán á mellora do firme e seguridade da estrada que comunica Pedrafita con Alto do Hospital (LU 633) en un tramo de 22 kilómetros e en algo máis de 15 na LU -641.
No hay comentarios:
Publicar un comentario