jueves, 8 de enero de 2009

PP E BNG VOLVEN PRESENTAR A MOCIÓN PARA DOTAR DE SERVIZOS A RÚA ÁNXEL FOLE

Canto menos hai que dicir que o Partido Socialista de Incio presentou o ano pasado unha moción para dotar de servizos a rúa Ánxel Fole. Cuestión que foi rexeitada polo equipo de Goberno que aceptaba a moción a cambio de aprobar despropósitos que por lóxica a agrupación socialista do Incio non ia aceptar, optando pola abstención.
Os socialistas comprometidos con veciños/as desta rúa, visitaron con técnicos da Xunta a rúa Ánxel Fole para estudar as distintas posibilidades que se podían aplicar. Pero en ningún momento, os socialistas prometeron beirarúas, tal como afirma e refirma o Sr. Alcalde do Incio, porque serían os propietarios os que terían que dar os terreos e moitos non estaban pola labor, polo que se decidiu adecentar esta rúa. Cousa á que agora o sr. alcalde, lle chama "chapucilla", pero nos dicimos que se a unha inversión de 200.000 euros nun tramo de 2 kilómetros é unha chapuza... En fin resulta canto menos curioso que sexan agora os do BNG e PP os que queiran volver co tema da rúa Ánxel Fole, a ambos hai que aplicarlles o conto de moito ruido e poucas noces...

No hay comentarios: