A Consellería de Vicepresidencia e Benestar Social convocou unha subvención para o financiamento de programas sociais de atención primaria incluídos no Plan no Plan Concertado de Prestacións Básicas de Servizos Sociais, así como tamén dun primeiro nivel de atención a sectores de poboación con problemáticas diferenciadas, de proxectos destinados a garantir a accesibilidade e supresión de barreiras.
Establecíase nesta orde a incorporación e adaptación dos servizos sociais de atención primaria municipais para a súa participación na xestión de prestacións ás persoas en situación de dependencia no ámbito das súas competencias, nomeadamente mediante a axuda no fogar municipal, en coherencia coa progresiva implantación e desenvolvemento do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia en Galicia.
SUBVENCIONABLE
Servizos sociais de atención primaria que desenvolvan programas e presten axudas favorecedoras da participación, integración e benestar social das persoas ou grupos, dentro do medio máis próximo ao usuario e ao seu contorno. Os ditos servizos sociais comunitarios prestaranse nos seguintes equipamentos:*Centros de servizos sociais.*Centros de acollida.*Albergues.*Outros equipamentos de apoio ao traballo social de atención primaria (centros de día, centros ocupacionais, etc.).Dentro das actividades que se desenvolvan nos centros de servizos sociais, serán obxecto de financiamento os seguintes programas básicos de actuación: información, orientación e asesoramento; de axuda no fogar e apoio á unidade de convivencia; de prevención e inserción social; de aloxamento alternativo; de fomento de cooperación social e todos aqueles que se poidan levar a cabo desde o primeiro nivel de atención.
Financiarase, así mesmo, nun primeiro nivel, a atención a sectores de poboación con problemáticas diferenciadas, sendo enumerados os seguintes servizos, equipamentos e programas financiables a título enunciativo:-Servizos, equipamentos e programas na área dos maiores.-Servizos, equipamentos e programas nas áreas da discapacidade, incluíndo a intervención psicosocial e familiar nos programas de atención temperá.-Servizos, equipamentos e programas favorecedores da inclusión social de colectivos vulnerables (drogodependencia, alcoholismo, ludopatía, anorexia, consumo compulsivo, etc...).-Servizos, equipamentos e programas na área da prevención da marxinación e exclusión social.-Proxectos destinados a garantir a accesibilidade e a supresión de barreiras.-Aqueloutros que respondan a situacións carenciais de sectores de poboación con problemáticas diferenciadas.
O Concello do Incio percibiu unha achega de 31.775,24€ para o mantemento de servizos sociais de atención primaria e 7.794€ para dependentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario