viernes, 10 de abril de 2009

O MUNICIPIO DO INCIO CONTARÁ CUNHA BARREDORA GRAZAS O POS

A través do Plan Provincial de Cooperación as Obras e Servizos de Competencia Municipal e de Estradas o Concello do Incio adquirirá en breve unha barredora, para contento (supoñemos) dos sufridos empregados municipais que diariamente teñen a ardua tarefa de aspirar as follas e barrer as beirarúas da Cruz do Incio, Val do Mao e Laiosa.
A barredora cuxo custo é de 61.164,54€, dos cales 30.582,32€ serán aportados pola Administración do Estado, 15.291,16€ pola Deputación Provincial de Lugo e 15.291,16 polo Concello do Incio.
Pero... ¿Necesita realmente un Concello tan pequeno como o do Incio unha barredora?

No hay comentarios: