jueves, 18 de junio de 2009

LENDA OU REALIDADE: HAI UNHA SERPE NO EMBALSE DE VILASOUTO?

Axentes do Seprona e persoal de Medio Ambiente da Xunta de Galicia realizan labores de vixilancia no embalse de Vilasouto despois de que varios bañistas viran unha serpe no lugar (ou creran vela), coa finalidade de contralar a veracidade destes rumores.
A rumoroloxía sobor da presenza do animal xurdiron fai uns días cando usuarios das instalacións atisbaron o que podía ser unha serpe de gran tamaño.
Entre as posibilidades que se barallan é que alguén intentando asustar os bañistas arroxara as augas do embalse algún artiluxio que puidera levar a confusión.
Para descartar tódalas hipótesis estableceuse un dispositivo de vixilancia nos alrededores da presa de Vilasouto, onde se realizan labores de control por parte de persoal do Seprona e da Xunta de Galicia.
Os concelleiros socialistas puideron poñerse en contacto con algúns veciños e veciñas do lugar, pero non hai unha acordo unánime, mentres uns afirman que asemella unha anaconda, outros insisten na largura do animal máis de dous metros, outros aseguran que supera os seis metros, en canto o lugar onde foi vista: uns din que nas augas do encoro, pola contra outros nos arredores da igrexa vella de Vilasouto, en canto a vela, ver ver ninguén a viu, pero coñecen a un que sí que a viu...
Parece unha lenda urbana, e oxalá polo ben de todos que só sexa iso... un producto da rumoloxía.

No hay comentarios: