lunes, 6 de julio de 2009

O PSOE DO INCIO PIDE CUN ROGO A LIMPEZA DA ANTIGA ESCOLA DE LEBÓN



Na pequena aldea de Lebón está anclada a antiga escola da parroquia, rehabilitada no seu día e que serviu para desenrolar actividades varias dende dar clases de prescolar os nenos/as da zona, ata elaboración do catastro, entre outras.
Na actualidade presenta un estado de abandono moi visible pola maleza que rodea na sua práctica totalidade o inmoble, o que o fai inaccesible. Resulta penoso que un edificio (cuxa estructura e edificio está ben conservado) esté inutilizado pola alta vexetación e maleza que o rodea. De feito senón se pón remedio a esta situación nun prazo non moi alongado de tempo este inmoble veráse abocado á ruina total, cando este edificio (ainda que de pequenas dimensións) se podería empregar como local social polos veciños/as do lugar ou para realizar calquera tipo de actividade social/cultural/educativa. Etc.
ROGO que por parte desta Alcaldía se adopten as medidas necesarias para poñer freo o lamentable estado de abandono da antiga escola de Lebón.

No hay comentarios: