O domingo día 31 de agosto de 2009 celebrarónse un ano máis as populares danzas da Cervela, na parroquia que do mesmo nome. Os concelleiros socialistas do Concello do Incio asistimos a presenciar estas danzas para deste xeito apoiar esta importante tradición que ano tras ano con moito esforzo os veciñ@s do lugar tentan manter viva.
As danzas da Cervela foron incluídas recentemente pola Asociación Lugopatrimonio para un plano de conservación dos festexos de especial interese etnográfico da provincia, xunto cos carnavais de Chantada e Salcedo e a queima das fachas de Castelo, en Taboada, incluiu as danzas da Cervela.
Os diversos colectivos que se encargan de manter vivos estes festexos prepararon hai pouco tempo unha petición conxunta á Deputación e á Xunta coa intención de obter axudas oficiais para evitar a súa desaparición e para fomentar o seu aproveitamento cultural e turístico.
O proxecto, como indican desde a asociación veciñal da Cervela, «está aínda moi verde», pero polo menos xa se conseguíu unha axuda do organismo provincial, que contribuirá á festa deste ano sufragando a actuación do grupo de gaitas A Cacharela, de Viveiro. Por outro lado, os veciños que conservan a tradición das danzas xa teñen previsto ensinar os segredos do cerimonial a un grupo de rapaces para garantir que o antigo costume non se perda.
A festa da Cervela ten chamado desde hai tempo a atención dos estudosos do folclore polas súas peculiares características. Un dos seus aspectos máis característicos é o atuendo dos danzantes, complementado con arcos decorados con fitas de papel de cores vivas. A estética da celebración non deixa de recordar, curiosamente, a de certos carnavais rurais, como os que se conservan aínda nas aldeas da ribeira chantadina.

Os socialistas do Incio agradecemos o traballo do colectivo Lugopatrimonio polo seu interese en recuperar unha das zonas do Incio que conteñen un valioso patrimonio cultural tanto material como inmaterial.
Sen embargo, os socialistas do Incio lamentamos profundamente a actitude do goberno local do Incio, pois non había nestas ceremonias ningunha representación institucional do Concello do Incio. Resulta penoso que veña xente de fóra valorar a importante riqueza inmaterial que temos no noso Concello e que nin tan sequera o Alcalde esté presente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario