martes, 6 de octubre de 2009

CRÓNICA DUN PLENO

O pleno ordinario celebrado no Concello do Incio comenzou a redor das 08:30 horas da maña coa asistencia de tódolos concelleiros/as, nun ambiente inusualmente distendido, e no que por vez primeira case tódalas propostas da orde do día foron votadas por unanimidade dos membros da corporación, a excepción da Aprobación da Conta Xeral exercicio 2008 en cuxo caso os concelleiros do BNG e PSdeG-PSOE optaron pola abstención.
No pleno debatíase a modificación orzamentaria suplemento de crédito por incorporación de remanente de tesorería, xustificado na necesidade de que houbo algún gasto cuxo pago non pode demorarse ata o exercicio seguinte e non exista no Presuposto da Corporación crédito ou sexa insuficiente, como era este caso. A corporación adoptou o acordo por unanimidade.
O seguinte punto da orde do día era a ratificación se procede, da Resolución Festas Locais 2010 que aprobadas tamén por unanimidade quedan como festivos locais o 10 de maio (festa da Santa Cruz) e o 15 de maio (San Eufrasio).
Tamén se acordou por unanimidade a modificación da Ordenanza Fiscal reguladora da taxa por subministro de auga que queda como segue "Los contadores estarán colocados a una altura de la rasante de la calle o cerca de entre 40 y 60cm, de libre acceso para su lectura y consecuentemente en el límite de la propiedad privada con la calle o con el camino público. La titularidad tanto del contador como de la instalación existente desde éste hasta la vivienda o construcción corresponden al abonado, siendo de cuenta de éste los costes de reparación o reposición que requieran".
Os membros da Corporación tamén por unanimidade acordaron a modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras que inclúe unha bonificación do 95% sobre a cuota do imposto para as obras de nova construcción ou de reforma de primeira residencia promovidas por menores de 35 anos, sempre que no momento de outorgamento da licencia estén empadronados no municipio do Incio e a manteñan ó longo dun prazo ininterrumpido de catro anos.
Finalmente e por unanimidade acordouse a modificación da ordenanza fiscal reguladora da tasa pola expedición de documentos administrativos polo que se decidiu suprimir os 24€ que ata o de agora había que abonar por cada informe emitido polos servicios sociais do Concello e tamén se acordou suprimir a tasa de 1,80€ por darse de alta no Concello do Incio.
Por último abriuse o turno de rogos e preguntas.

No hay comentarios: