viernes, 16 de octubre de 2009

DOUS TALLERES PARA MULLERES NO INCIO

O municipio do Incio acollerá nas próximas semanas dous talleres dirixidos exclusivamente a mulleres que tratarán sobre hábitos de vida saudable e desenrolo persoal e autoestima. O día 29 de outubro, na cámara agraria de A Cruz do Incio impartirase o primeiro taller, que incidirá nos hábitos de vida saudable. Este mismo local acollerá o día 18 de novembro o segundo dos obradoiros que abordará o desenrolo persoal e autoestima. Cada un deles terá unha duración de catro horas en horario de 16:00h a 21:00h.
O prazo para a inscripción remata o día 27 deste mes para o primeiro taller e o 16 de novembro para o segundo.
Estas actividades que están organizadas polo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e o Instituto da Muller. Os seus obxectivos son dinamizar a participación social e cultural das mulleres galegas e avanzar na igualdade entre sexos nos concellos.

No hay comentarios: