Para poder ser beneficiario dun TDT:Hai que pertencer ó menos a un dos colectivos beneficiarios do Plan:
Ter 65 anos e unha dependencia recoñecida do grado II ou III (nivel II ou I)
Ter un grao de discapacidade do 33% ou superior, constando como unha das suas discapacidades algunha de tipo auditivo ou visual.
Ter máis de 80 anos e vivir só, ou ben acompañado doutra persoa tamén maior de 80 anos.
Non haber sido beneficiario deste Plan de Actuacións de Apoio a través de Asociacións ou Comunidades Autónomas.
ONDE DIRIXIRSE:
Se cree que cumpre con tódolos requisitos, debe acudir á Xefatura Provincial de Inspección de Telecomunicacións da sua provincia de residencia neste caso:
RONDA DE LA MURALLA, 131 - BAJO (27004) LUGO; coa seguinte documentación:
DOCUMENTACIÓN NECESARIA
Formulario de solicitude de entrega de equipo sintonizador para colectivos con risco de exclusión no proceso de transición á televisión dixital terrestre (TDT)firmado polo beneficiario. Solicitude sintonizador.
Documento no que conste o domicilio do beneficiario: DNI, ou no seu defecto unha factura de auga, gas, electricidade, certificado de empadronamento, imposto ou tasa estatal, autonómica ou municipal.
Orixinal e copia do documento que acredite a pertenencia do beneficiario a un dos colectivos beneficiarios do plan.
Grado de dependencia: documento acreditativo correspondente emitido pola Comunidade Autónoma.
Grado de discapacidade: documento acreditativo da condición de persoa con discapacidade visual ou auditiva e documento acreditativo do grado de discapacidade total igual ou superior ó 33% emitido pola Comunidade Autónoma correspondente.
Persoa maior de 80 anos que vive soa: non é necesario presentar ningún documento adicional, e únicamente é preciso firmar o formulario de solicitude no que manifesta esta situación.
Senón é posible desplazarse e debe ir alguén en representación sua, a documentación que deberá aportar é a seguinte:
Formulario de solicitude de entrega de equipo sintonizador para colectivos con risco de exclusión no proceso de transición á TDT firmado polo representante.Solicitude sintonizador.Orixinal ou fotocopia compulsada do DNI do beneficiario.
Documento no que conste o domicilio do beneficiario: DNI, ou no seu defecto unha factura de auga, gas, electricidade, certificado de empadroamento, imposto ou tasa estatal, autonómica ou municipal.
Orixinal e copia do documento que acredite a pertenza do beneficiario a un dos colectivos beneficiarios do plan.
Autorización firmada para a recollida do equipo polo representante Autorización.
Documento Nacional de Identidade do representante.
ONDE OBTER MÁIS INFORMACIÓN: 901 2010 04 OU NA WEB www.televisiondigital.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario