sábado, 30 de enero de 2010

CONTESTACIÓN PSDG-PSOE DECLARACIÓNS TDT

O PSdeG-PSOE do Incio mostrase atónito ante as palabras do rexidor popular, nas que se evidencia claramente que unha vez máis "mente descaradamente" cando di que non hai ningunha petición á xunta de goberno local sobor da necesidade de contar cunha oficina de información de tdt, cando a proposta para dotar ó Concello do Incio foi debidamente rexistrada o mércores día 27 de xaneiro.
O Grupo Municipal Socialista presentou esta proposta perante a xunta de goberno local, atendendo ás reivindicacións dalgúns veciños que non sabían onde dirixirse para obter un asesoramento nestes meses previos ó apagón nin tiñan coñecemento da posibilidade de obter subvencións para os sintonizadores de TDT. "Queda pois claro, que o Grupo Municipal socialista fai as propostas en atención as suxestións e necesidades dos veciños e non por mero capricho, sendo o seu deber trasladalas á xunta de goberno local do municipio".Dende logo, a este Grupo constalle que dende o Concello non houbo ningún bando, nin anuncio na web do concello ou através doutro medio de comunicación sobor de que se ia informar sobre o TDT nas dependencias municipais. "O Alcalde loubase da organización municipal e dos servizos que presta, nos felicitamolo por darse conta, ainda que tarde, de que é deber do Concello manter informados os veciños e veciñas así como asesoralos para a adquisión gratuita de equipos de TDT os colectivos en risco de exclusión".

No hay comentarios: