lunes, 4 de enero de 2010

ROGOS DO PSOE DO INCIO Ó PLENO DO DÍA 05/01/2010

  1. ROGO que por parte desta Alcaldía se realicen as xestións oportunas perante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras para que procedan ó recheo dos baches con grava da estrada LU - 641, mentras non se reanudan as obras de acondicionamento, para facilitar a conducción por este vial, que resulta intransitable en determinados tramos.
  2. ROGO que por parte desta Alcaldía, e como máis vale prever que curar, se realicen as oportunas xestións perante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, de cara a informalos desta situación e que procedan a poñer polo menos, unha barreira de protección de cara a garantir a seguridade na LU-642 preto da Ferrería do Incio.
  3. ROGO que por parte desta Alcaldía, e sempre que se garanta a seguridade dos usuarios/as do vial, se realicen as xestións oportunas e se abra o tramo que vai dende Santa Cruz de Oural ata Penaxubeira mentras non se reanudan as obras de acondicionamento do corredor Sarria-Monforte.

No hay comentarios: