martes, 4 de mayo de 2010

O INCIO CONTA CUN NOVO ACCESO Ó PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA GRAZAS Ó PLAN ZAPATERO

ACCESO Ó CENTRO ESCOLAR FINANCIADO CO PLAN ZAPATERO
O Concello do Incio acondicionou un novo acceso á zona escolar de A Cruz que dará servizo ós usuarios do punto de atención á infancia. O novo acceso á zona escolar, co prazo de execución dun mes, supuxo unha inversión de 22.000 euros, financiada con diñeiro do Plan Zapatero.
Con estos mesmos fondos acometerase o despliegue dunha rede inalámbrica de internet. A esta obra destinase unha partida superior ós 196.000 euros, aplicandose 9.985 euros á compra de ordenadores e unha fotocopiadora con software para dixitalización e arquivo da documentación.
O Concello do Incio percibe un total de 228.400 euros do plan FEIL.

No hay comentarios: