O Deputado de Cooperación cos Concellos, Antonio Gato Soengas, anunciou este venres que a Deputación vén de adquirir 125 marquesiñas de madeira por valor de 215.760 euros. Gato Soengas explicou que se trata dunha nova liña de colaboración que está destinada a todas as entidades locais, agás a de Lugo por ser o municipio que conta co maior número de habitantes e con máis posibilidades orzamentarias.
“Acabamos de enviar unha circular ós Concellos na que se lles anuncia que a Deputación inicia a substitución ou a nova instalación de marquesiñas, xa que moitas das actuais presentan deficiencias e son practicamente inutilizables”. Neste senso, Gato Soengas subliñou que “damos un paso máis na cooperación máxima cos Concellos da provincia. Trátase dunha actuación que, cobra máis importancia se temos en conta que en moitos dos lugares nos que se ubican as máis das 250 actuais, son empregadas como lugares de reunión e de encontro das persoas maiores”.
As entidades locais, quenes deberán presentar a súa solicitude antes do día 19 de xuño, terán que sinalar as zonas nas que se pretende instalar as marquesiñas (vía provincial, punto quilométrico, parroquia, espazo urbano, etc). Por orde de preferencia, os criterios que van rexer o proceso son a instalación en vías da rede viaria provincial e, como segunda opción, a ubicación en espazos públicos urbanos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario