
As mulleres sempre o tivemos máis difícil que os homes, comezando pola necesidade de reivindicarse como suxeito dos mesmos dereitos e obrigas que os conxéneres varóns para non sentirnos persoas de segunda. Só nos últimos tempos as diferenzas van disminuíndo na nosa pequena parcela do mundo aínda que se manteñan lacras como a violencia de xénero, a precariedade laboral e a alta taxa de paro feminino.
A equiparación da muller pasa pola redución do desemprego feminino, pola eliminación da diferenza salarial respecto aos homes, pola conciliación, pola coeducación, pola eliminación das barreiras á promoción profesional, pola loita contra a segregación horizontal e vertical do mercado de traballo, pola non discriminación por estar en idade fértil, pola desaparición do teito de vidro e pola erradicación da violencia de xénero.
Porque a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes debe ser unha prioridade da sociedade no seu conxunto, homes e mulleres, quedan moitos oito de marzo que celebrar...
No hay comentarios:
Publicar un comentario