lunes, 27 de abril de 2015

CANDIDATURA PSDG-PSOE O INCIO 2015


1. Dª./Dona LAURA CELEIRO GARCÍA
 2. D./Don JOSÉ CARLOS PEREIRO VÁZQUEZ
 3. D./Don MANUEL POMBO VILA
 4. D./Don MIGUEL ÁNGEL MOSCOSO MAO
 5. D./Don ANTONIO LÓPEZ FERNÁNDEZ
 6. Dª./Dona IRIA LÓPEZ RODRÍGUEZ
 7. D./Don JUAN MANUEL PÉREZ LÓPEZ
 8. D./Don MANUEL FERNANDO RODRÍGUEZ JUANES
 9. Dª./Dona MARTA LÓPEZ PÉREZ
Suplentes
 1. D./Don JUAN CARLOS GONZÁLEZ JATO
 2. D./Don JAIME FERNÁNDEZ LÓPEZ
 3. D./Don JOSÉ ANTONIO TORRES BERMÚDEZ

CARTA DA ALCALDESA DO INCIO


martes, 10 de mayo de 2011

viernes, 6 de mayo de 2011

jueves, 5 de mayo de 2011

PEGADA DE CARTEIS NO INCIO

Estamos preparados!! A partir das 00:00 horas faremos a tradicional pegada de carteis na Cruz do Incio. Animaste??

miércoles, 4 de mayo de 2011

E NON PASARÁ ISTO NO INCIO?

O PARQUE DE BOMBEIROS COMARCAL COMENZA A FUNCIONAR: XA ESTAMOS MÁIS TRANQUILOS

O parque de bombeiros de Sarria, integrado no consorcio provincial da Deputación, servirá para dar servizo a 10 concellos: Baralla, Becerreá, O Corgo, O Incio, Láncara, O Páramo, Paradela, Samos, Triacastela e Sarria, así como atender calquera urxencia noutros lugares ao ser de ámbito provincial.
As instalacións contan con 19 profesionais, 6 cabos e 12 bombeiros, todos condutores baixo a coordinación do sarxento José Manuel López.
As quendas de traballo que desenvolven son de 12 horas. De 9 a 21 horas están de servizo 4 persoas e de 21 a 9 facer garda 3, aos que hai que sumar que o responsables do posto está sempre dispoñible.
A totalidade de traballadores son da provincia e a maioría de poboacións do ámbito de influencia do parque, polo que que coñecen perfectamente a zona. Para acceder ao posto, ademais de pasar as pertinentes probas, realizaron un curso de formación de 333 horas na Estrada.
No que compete ao equipamento, contarán cun camión autoescalera capacitado para actuar a 32 metros de altura, un vehículo abastecedor con 8.000 litros de auga, outro todoterreo con 2.000 litros e outro preparado con todo o necesario para chegar a lugares practicamente inaccesibles. Dispoñen tamén dun completo equipo de excarceración para actuar en caso de accidente.
O parque de bombeiros era unha das peticións máis perentorias dos concellos da comarca, que ata o momento tiñan que depender dos destacamentos de Lugo ou Monforte para atender algunha urxencia, co problema do tempo que tardaban en desprazarse, así como de que son parques municipais que podían non estar dispoñibles nalgunha ocasión.

O INLUDES CONCEDE AXUDAS POR MÁIS DE 17.000€ NO INCIO PARA MELLORAS DE INFRAESTRUCTURAS NO RURAL

Os beneficiarios destas axudas no Incio foron a Asociación de Veciños de Trascastro (6.000€) para o adecuación de camiños e canalización de auga, Agrupación de Veciños de Pousada (6.000€) "Mellora de camiño e bebedeiro", Asociación Veciñal e Cultural "Terras da Castiñeira" (2.737,50) e a Asociación "Os Turulecas do Incio" "Acondicionamento de espazo público na Cervela" (3.225€)
A Comisión Executiva do Instituto de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES) aprobou este luns as obras incluídas no plan de axudas, dotado con 600.000 euros, e creado para apoiar ó medio rural e impulsar o sector primario. A través desta iniciativa, o organismo dependente da Deputación executará 120 actuacións nos núcleos rurais da provincia que benefician a outras tantas asociacións e agrupacións de gandeiros ou de cidadáns sen ánimo de lucro pertencentes a 47 Concellos. A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, subliñou que “esta iniciativa ten unha maior importancia se temos en conta que o rural está a atravesar un proceso complicado. Lugo é sobre todo campo, polo que todas as administracións debemos implicarnos en impulsar o sector. Non como está a facer a Xunta de Galicia que non só non apoiou o Centro de Recría senón que este ano recortou drasticamente as axudas ós gandeiros galegos”.

martes, 3 de mayo de 2011

PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA DO INCIO

A Agrupación do PSdeG-PSOE do Incio presentou  a súa candidatura as próximas eleccións municipais, na que incorpora 6 caras novas respecto dos pasados comicios.
“Afrontamos estas eleccións cun gran programa de goberno, un equipo xove, con ilusión e preparado. E só sabemos que podemos facelo mellor que os que nos precederon”.
En palabras de Laura Celeiro “Os socialistas do Incio temos a confianza de que todo funcionará mellor co noso goberno, onde as persoas sexan as protagonistas da vida municipal e a participación cidadá o eixo da mellor xestión. O noso compromiso é o de gobernar por e para as persoas”
Os principais proxectos do noso programa son: a modificación do PXOM para adaptalo as necesidades reais do noso municipio, a creación dun Centro de Día público para os nosos maiores, a posta en marcha dun polígono industrial e a creación dun mini viveiro de empresas para xerar emprego no municipio, facilitar o acceso á vivenda dos mozos e mozas e favorecer o asentamento de familias no Incio para deste xeito frear o despoboamento, extender a creación-dinamización de centros sociais en tódalas parroquias e moitas máis cousas que aparecen reflexadas no noso programa electoral e que explicaremos polo miúdo os veciños e veciñas.
Laura Celeiro tamén recalcou que a maior parte das inversións que se executaron no Concello viñeron de mans do partido socialista: Como o Plan E de Zapatero, o PEIM do Ministerio de Medio Ambiente, a mellora da LU-641 (Grazas á Xunta de Emilio Pérez Touriño) ou as numerosas inversións na mellora do rural grazas á Deputación de Lugo.

viernes, 29 de abril de 2011

sábado, 23 de abril de 2011

O INCIO QUEDA SEN VISITA DO BARCO-MURALLA

Unha vez máis O Incio da a nota ó ser un dos Concellos da provincia que rexeita o Barco-Muralla da Deputación por non facilitar unha localización para a instalación do mesmo. Unha verdadeira pena!!.
O Barco-Muralla é unha aula turística medioambiental que aproveita as celebracións nas que se concentra un gran número de xente para poñer en valor e difundir os atractivos naturais de Lugo.
A Deputación botou o barco en xuño do ano pasado no marco do programa medioambiental Lug02, dotado de 5 millóns de euros, dos que a Unión Europea aporta o 70%. Foi construído por unha empresa de Burela e pintado en Viveiro. O seu interior conta con ordenadores, todo tipo de información medioambiental, así como mobiliario e material náutico que cederon na súa totalidade e de maneira gratuíta as confrarías de pescadores da Mariña e o Concello de Viveiro. Nas localidades nas que recala distribúense dípticos das Reservas da Biosfera, material didáctico, información empresarial e de bolsas de estudos, ademais de vídeos da provincia elaborados polos alumnos da Fundación TIC, dependente do organismo provincial.
O Concello do Incio rexeitou en duas ocasións a posibilidade de que os nosos nenos, maiores e veciños/as do Incio puideran visitar o Barco-Muralla ó non facilitar un lugar para instalación do mesmo. Será que no Incio non hai ningún lugar para a montaxe do Barco??? NON NON a verdadeira razón é que o Barco non vén do lado da gaivota!!!!

A DEPUTACIÓN DE LUGO APORTA MÁIS DE 24.000€ EN COMUNIDADES VECIÑALES PARA O INCIO

A Deputación de Lugo aportou algo máis de 24.000€ en concepto de comunidades veciñales na anualidade 2010. Os beneficiarios son: A Agrupación de Veciños de Bardaos, (acondicionamento de camiños agropecuarios en Bardaos), A Comunidade de Monte Veciñal en Man Común do Alto Pousadoiro (Acondicionamento de camiños), A Agrupación de Veciños de Saa (Traída de agua) e a Agrupación de Veciños de Outeiro (Acondicionamento de Camiño)

viernes, 1 de abril de 2011

O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN VÉN Ó INCIO RECIBIR ÓS SETE TRABALLADORES DO LUGO EMPREGA

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, desprazouse ó Concello do Incio, onde recibiu ós sete seleccionados do Plan Lugo Emprega que comezaron a traballar este venres nas áreas verdes que xestiona a Sociedade Urbanística Provincial (SUPLUSA). A Deputación desenvolveu un plan específico para este municipio ante a decisión manifestada polo Alcalde, Ángel Camino, de rexeitar sumarse á iniciativa impulsada polo organismo provincial coa que 711 parados da provincia atoparon traballo. Por este motivo, a institución luguesa aprobou unha encomenda de xestión a SUPLUSA para que asumise a selección e a contratación dos desempregados. Gómez Besteiro destacou que “é difícil de entender que un Alcalde provoque que os seus veciños se sintan discriminados. Nós sabemos cal é nosa responsabilidade. Por iso, decidimos que Sociedade Urbanística asumise estes traballadores. Estamos nun momento no que calquera administración ten que pensar en dar emprego á xente. Por iso, non podiamos permitir que Incio quedase fóra do Plan”. Un total de 85 persoas participaron no proceso selectivo que, ó igual que nos outros municipios, consistiu nunha proba de coñecemento sobre as tarefas para as que os resultaron contratados, e unha entrevista persoal. As sete persoas traballarán, durante 6 meses, realizando traballos de mantemento e mellora das áreas verdes que xestiona SUPLUSA en Vilasouto e o río Mao. É dicir, actuarán no encoro do Val de Lemos que abastece auga a Monforte de Lemos. Ademais, tamén se encargarán do inicio das obras de recuperación da Casona situada na zona coñecida como polígono 1. As dúas excepcións O Concello do Incio, xunto co de Lourenzá, foron os únicos que non quixeron adherirse ó programa de emprego da Deputación. Unha vez aproado en Pleno, co voto en contra do Partido Popular, o organismo provincial enviou por rexistro unha comunicación oficial a todos os municipios para que se sumasen ó Plan. Neste documento, dábase conta de todos os pasos a seguir, o reparto dos contratados en función da taxa de poboación activa e o número de desempregados de cada municipio. Todos os municipios respostaron satisfactoriamente en tempo e forma, agás o de Incio, cuxo rexedor remitiu unha comunicación na que recoñecía que “non se lle podía esixir a un Concello a contratación deste persoal para o que non se dispón de traballo”. Con todo, déronselle dúas oportunidades para que reconsiderase a súa postura e aceptase ós operarios. Finalmente, o Alcalde decidiu prescindir definitivamente destas persoas. No caso de Lourenzá, o Alcalde, Vidal Sierra, malia asinar nun principio o convenio de adhesión, tampouco quixo contratar ós 7 seleccionados. Ante esta situación, o organismo provincial reorientounos ós Concellos limítrofes de de Barreiros, Trabada, Foz, Mondoñedo e Riotorto. Destes, todos confirmaron a súa admisión, agás os dous primeiros. Deste xeito, a distribución, para a que se seguiron os mesmos criterios que foron empregados para a elaboración do Plan –proporcionalidade e o número de habitantes- quedou do seguinte xeito: 4 en Foz, 2 Mondoñedo e 1 en Riotorto. Todos os traballadores xa están a pleno rendemento. En total, o organismo provincial inviste na contratación dos 7 desempregados destes dous municipios 152.324 euros. O Plan dispón de 8 millóns de euros e non aumenta a débeda pública, xa que está financiado ó 100% con fondos propios.

viernes, 25 de marzo de 2011

QUEREMOS ESCOITAR A TÚA VOZ!

O Partido Socialista do Incio está traballando na elaboración do programa electoral, polo que necesitamos a axuda de todos vós de cara á confección dun programa o máis participativo posible e no que apareza o reflexo das necesidades de cada un dos veciños. A parte do tú a tú que comenzaremos en días vindeiros por tódalas casas do municipio gustaríanos que compartisedes as vosas inquedenzas na rede mandandonos suxestións ben a este blog ou á nosa dirección de mail: socialistasdeincio@gmail.com

miércoles, 23 de marzo de 2011

O PP VÉN Ó INCIO VENDER FUME

Dende o Partido Socialista do Incio facémonos eco da nota de prensa publicada en días pasados con motivo da visita do Sr. Conselleiro de Medio Ambiente e Infraestructuras, Agustín Hernández ó Incio e, na que anunciaba o compromiso de mellorar varios viales no Concello entre eles a LU-641 e a LU-642, pero sen data.
É importante lembrar que ata o de agora a única inversión executada nos viais do Incio provén da herencia do goberno bipartito, cuxo Presidente Emilio Pérez Touriño destionou máis de catro millós de euros para o acondicionamento do vial que une a Cruz do Incio a Castroncán. A Xunta de Galicia do PP modificou o proxecto inicial invertindo todo o diñeiro no tramo comprendido entre a Cruz do Incio e Val do Mao.
Dende o Partido Socialista do Incio instamos á Consellería a execución inmediata e urxente do tramo restante da LU-641 dado que conforma unha das entradas máis importantes ó municipio do Incio e atopase nun lamentable estado de deterioro e abandono con moitos baches.
Dende o Partido Socialista do Incio pedimos amáis que a Consellería de Medio Ambiente e Infraestructuras explique o presuposto co que se vai contar para a mellora do vial á Ferrería. “É preciso que a Consellería se implique cos veciños/as en serio e non que veña ó Incio vender fume”.
Neste senso é preciso lembrar que foi a anterior Xunta a que se encargou tamén da mellora do primeiro tramo da estrada dende a Cruz do Incio a Hospital (LU642) por un importe de 200.000€.

lunes, 21 de marzo de 2011

A DEPUTACION DE LUGO APORTA 19.500€ PARA A CONSTRUCCIÓN DUN MURO EN RUBIÁN DE CIMA

No mes de xaneiro por mor das choivas a agua levou por diante un tramo do principal acceso ao pobo de Rubián de Cima, coa condución de subministración de auga potable incluída.
Todo apunta a que a causa do sucedido é a formación dunha represa de ramas que taponou un arroio que pasa por baixo desta estrada, construída sobre unha ladeira. O empuxe da auga acabou destruíndo por completo un tramo duns dez metros de calzada. O rebentón rompeu o asfalto e deixou o terraplén a pouco máis dun metro das casas máis próximas.
A Deputación de Lugo financiará a través dunha axuda dirixida ós Concellos de menos de 5000 habitantes un total de 19.500€ para a reconstrucción dun muro o Concello aportará o 30% restante.

viernes, 18 de marzo de 2011

EMPEZA A SELECCIÓN DE SETE TRABALLADORES DO INCIO



A Deputación fixa o 1 de abril como data límite para que estean traballando os seleccionados do Lugo Emprega do Incio
85 persoas iniciaron hoxe as probas do proceso selectivo para optar ós 7 postos de traballo que ofrece o Plan. Os contratados traballarán nas áreas verdes que xestiona SUPLUSA neste Concello

Gómez Besteiro, logo de que o Alcalde rexeitase adherirse a esta iniciativa, ordeou desenvolver un plan específico para evitar que os veciños do Incio quedase discriminados
O organismo provincial publicará a principios da semana que vén os resultados definitivos no taboleiro de anuncios e na web: www.deputacionlugo.org
Os 85 admitidos do Incio iniciaron este venres as probas de selección do Plan Lugo Emprega, co que a Deputación dará traballo a 7 desempregados deste Concello. A Deputación viuse na obriga de desenvolver un plan específico para este municipio logo de que o Alcalde, Ángel Camino, rexeitase a adhesión a esta iniciativa coa que o organismo provincial frea o paro na provincia e aumenta a cooperación cos Concellos. Neste senso, o Presidente do organismo provincial, para que evitar que estas persoas quedasen totalmente discriminadas, ordeou asumir a contratación destes traballadores, a través dunha encomenda de xestión á Sociedade Urbanística Provincial (SUPLUSA) que foi aprobada pola Xunta de Goberno en febreiro.
As probas, ó igual que nos restantes procesos selectivos realizados dentro deste Plan, consisten nun tipo test que dá opción á entrevista persoal. O organismo provincial publicará as cualificacións definitivas a principios da semana que vén tanto no taboleiro de anuncios como na páxina web: www.deputacionlugo.org, de tal xeito que os seleccionados estarán a pleno rendemento, como data límite, o 1 de abril. Traballarán, durante 6 meses no Incio, realizando tarefas de mantemento e mellora das áreas verdes que xestiona SUPLUSA en Vilasouto e o río Mao. É dicir, actuarán no encoro do Val de Lemos que abastece auga a Monforte de Lemos. Ademais, tamén se encargarán do inicio das obras de recuperación da Casona situada na zona coñecida como polígono 1, entre outros labores neste municipio.

Unha situación única

Unha vez aproado en Pleno, co voto en contra do Partido Popular, o Lugo Emprega, o Plan que dá traballo a 711 desempregados na provincia enviou por rexistro unha comunicación oficial a todos os municipios para que se sumasen ó Plan. Neste documento, dábase conta de todos os pasos a seguir, o reparto dos contratados en función da taxa de poboación activa e o número de desempregados de cada municipio, así como que a Deputación se fai cargos dos soldos e os pagos á Seguridade Social. Todos os municipios, con independencia da súa cor política, se sumaron en tempo e forma, agás o Incio, cuxo rexedor amosou a súa negativa enviando unha carta á Deputación na que apuntaba textualmente, que “no es legítimo que se nos pueda exigir que asumamos la responsabilidad de contratar a personal PARA EL QUE NO DISPONEMOS DE TRABAJO, ni que se pretenda “endosársenos” otros para los que no tenemos competencia”.
Pese a darlle dúas oportunidades para que reconsiderase a súa postura e aceptase ós operarios, o Alcalde decidiu prescindir definitivamente destas persoas. Este, xunto coa de Lourenzá, foron os únicos casos nos que os rexedores se opuxeron á creación de novos empregos nos seus municipios.
En total, o organismo provincial inviste na contratación dos 7 desempregados do Incio 76.162 euros. O Plan dispón de 8 millons de euros e non aumenta a débeda pública, pois non foi necesario recorrer a préstamos, nin operacións de crédito. O organismo provincial non só asume o 100% dos custes salariais senón tamén os de indemnización pola finalización do contrato.

sábado, 12 de marzo de 2011

AGORA SÍ!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Laura Celeiro volverá ser a cabeza de lista do PSOE do Incio logo que así o decidirán simpatizantes e militantes nunha reunión celebrada en días pasados por unanimidade. A presentación "oficial" de Celeiro será o próximo día 13 de marzo no Hotel Alfonso X de Sarria ás 17:30 horas da tarde.
Á presentación asistirá o Ministro de Fomento José Blanco, o Presidente da Deputación de Lugo José Ramón Gómez Besteiro e o Secretario Provincial Ricardo Varela Sánchez, entre outros.
Laura Celeiro comprometese a buscar o financiamento necesario para afrontar a tan necesaria modificación do actual planeamento xeral e adaptalo á realidade do noso municipio co consenso dos veciños/as do Incio.
A partir desta semana Celeiro comenzará unha rolda de contactos co tecido asociativo do municipio así como polas parroquias e aldeas do Incio de cara a coñecer as necesidades e inquietudes dos veciños/as do Incio e deste xeito elaborar un programa participativo.

sábado, 26 de febrero de 2011

A CHMS INVERTIRÁ 80.000€ PARA A MELLORA DA ESTRADA DE MOSTEIRÓ A VILASOUTO


A Confederación Hidrográfica do Miño - Sil (CHMs) asinou un contrato para arranxar os danos causados polo movemento dunha ladeira na estrada para o encoro do Vilasouto marxe dereita, no municipio de O Incio Lugo. O embalse de Vilasouto é unha infraestrutura de regulación do Regadío do Val Lemos e ten dous camiños perimetrais utilizada para vixilancia e control do encoro e do río Mao, e para o tránsito dos veciños dos núcleos de Vilasouto e Mosteiró. As choivas de xaneiro, causaron un deslizamento de terra na costa do outeiro en que se atopa a estrada, alcanzando un fragmento de preto de 30 metros onde a estrada, prácticamente desapareceu. Por tal motivo a CHMS decidiu cortar o acceso ao encoro, na marxe dereita. Posteriormente declarouse a situación de emerxencia para a reparación deste vial, sendo preciso que fose aprobado polo Consello de Ministros. A inversión máxima é de 80.000€.
Prevese a arranxar o acceso dende a zona de estabilidade da estrada e a construcción dun dique fóra do meandro de Mao para solidificar no pé o terraplén e evitar futuras inundacións das crecentes da corrente. Tamén será executado un vertedoiro para restaurar a plataforma da estrada afectada para ser coroado cunha capa dun metro de espesor co solo seleccionado. Na plataforma da estrada extenderase unha capa de grava artificial 25 cm de espesor.

jueves, 24 de febrero de 2011

A DEPUTACIÓN DE LUGO CREA UNHA LIÑA DE AXUDAS NO RURAL

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, presentaron o plan de axudas que vén de aprobar o Instituto de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES) para seguir apoiando ó medio rural e ó sector primario. A través desta iniciativa, dotada con 600.000 euros, a Deputación executará 100 actuacións nos núcleos rurais da provincia, polo que non só aumentará o inventimento en obra pública senón que contribúe a manter os postos de traballo existentes. Neste senso, Gómez Besteiro subliñou que iniciativas coma esta cobran máis importancia, “xa que nun momento no que o rural está a atravesar un proceso complicado, está a asistir con desasosiego ante a despreocupación de determinadas administracións con noticias como que se reducen e se retrasan as axudas no campo, que as explotacións non poden acceder a fondos europeos porque se perderon por non telos investidos a Xunta de Galicia, que se reduce a política contra o lume en preto de 9 millóns de euros... Cando quen ten resposabilidades en medio rural só dá noticias negativas eu creo outros temos que trasladar unha mensaxe esperanzadora. De aí a creación destas axudas que poñeremos ó servizo do medio rural e das explotacións gandeiras”.
O máximo mandatario provincial explicou que, non só se trata dunha iniciativa sen precedentes na provincia, senón que a de Lugo é a primeira Deputación de Galicia que pon en marcha unha iniciativa destas características destinada única e exclusivamente a impulsar o rural e o sector agrogandeiro. Os obxectivos destas axudas das que se beneficiarán calquera asociación, agrupación de gandeiros ou de cidadáns sen ánimo de lucro, son tres:
1.- Mellorar a calidade de vida no medio rural e facer máis competitivas as explotacións da provincia.
Na actualidade, na provincia existen máis de 8.000 explotacións gandeiras, polo que este sector é un dos piares principais da base da economía de Lugo. Precisamente, para facer que estas sexan máis rendibles, estas axudas destinaranse ó acondicionamento dos accesos ás explotacións, á mellora saneamento dos núcleos rurais, dotándoos de equipamento e servizos básicos que ata o de agora non dispoñían deles como a construción de bebedoiros para animais ou a instalación de sumidoiros onde non hai nestes momentos, etc.
2.- Frear o despoboamento poboacional. Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, a provincia encabezou en 2010 o retroceso demográfico ó perder case 3.000 habitantes.
“Unha das grandes obsesións que ten a Deputación este ano é intentar conciendair do problema de despoboamento desta provincia. Con estas obras conseguiremos que haxa unha actividade constante no medio rural”.
3.-Crear postos de traballo.
A través destas axudas executaranse un cento de obras nas que como mínimo traballarán tres persoas en cada unha, polo que a Deputación dará traballo a 300 persoas,
As axudas convócanse en réxime de concurrencia competitiva e a contía de cada subvención non poderá superar a cantidade de 6.000 euros, nin exceder o 75% do importe do proxecto subvencionable. O 25% restante será aportado polos solicitantes. O prazo para a solicitude das axudas remata o vindeiro 10 de marzo.

lunes, 31 de enero de 2011

BESTEIRO ANUNCIA UN PLAN ESPECÍFICO DE TRABALLO PARA O INCIO LOGO DO REXEITAMENTO DO ALCALDE Ó LUGO EMPREGA


Besteiro anuncia un plan específico de traballo para O Incio logo do rexeitamento do Alcalde ó Lugo Emprega
A vindeira Xunta de Goberno aprobará este plan, a través do que se contratarán ás 7 persoas previstas pola iniciativa. Serán destinadas ó mantemento das áreas verdes de Vilasouto e o río Mao, ou á recuperación da Casona do polígono industrial
Ante os últimos datos da EPA, o titular provincial subliña que “estou por pensar que Feijóo é capaz de deixar a Galicia cega por querer deixar torto a Zapatero. Leva dous anos que non sabemos nin que existe. Despois deste tempo hai menos Galicia e máis paro”
O Presidente supervisou as obras de mellora de servizos municipais “inaccesibles e inservibles” segundo os veciños de Vilademouros, Rubián de Cima e Cerdela
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou este sábado que o organismo provincial aprobará na vindeira Xunta de Goberno un plan específico de emprego para o Incio que dará traballo a 7 persoas de dito municipio. Trátase de veciños deste Concello que actualmente están en paro e que a Deputación contemplaba contratar mediante o Lugo Emprega, pero que non o pode facer debido a que o Alcalde do municipio, Ángel Camino, rexeitase a súa adhesión. Gómez Besteiro salientou que “este foi o único da provincia onde non se acepta que se contraten a sete traballadores. É un caso inaudito. Creo que é unha equivocación que cando a un lle dán a oportunidade de dar traballo a homes e mulleres nun momento no que o emprego escasea que se diga que non hai necesidades. A Deputación vai a facer ese plan logo de que Laura Celeiro nolo pedise insistentemente, aínda que sabemos que esta discriminación é do Alcalde que é quen non quere”.
O máximo mandatario provincial, ante os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), destacou a necesidade de que a Xunta impulse iniciativas como a da Deputación “para evitar noticias malas como as que saían hoxe. Estamos nun mundo no que pola mañá nos temos que levantar e pensar en dar emprego á xente. Galicia é a Comunidade que máis destruiu o paro en 2010, polo que estou por pensar que Feijóo é capaz de deixar a Galicia cega por querer deixar torto a Zapatero. Ten que comezar a asumir dunha vez o liderazgo, ten que poñer en marcha as políticas activas de emprego que para iso ten competencias. É o momento de que se poña a traballar. Leva dous anos que non sabemos nin que existe. Despois deste tempo hai menos Galicia e máis paro. Algunhas Comunidades como o País Vasco estanse mantendo pero, se Feijóo fai así e algúns Alcaldes toman estas decisións, ó final que paga as consecuencias non son eles, senón os veciños que é por quen temos que loitar todos”.
Unha vez que a Xunta de Goberno aprobe este plan específico de traballo, o organismo provincial abrirá o prazo para a presentación de solicitudes que deberán formularse no Pazo Provincial e, a continuación, realizaranse os exames co obxectivo de que os 7 novos empregados estén a pleno rendemento en marzo e durante 6 meses. Traballarán no Incio realizando, por exemplo, tarefas de mantemento e mellora das áreas verdes que xestiona SUPLUSA en Vilasouto e o río Mao. É dicir, actuarán no encoro do Val de Lemos que abastece auga a Monforte de Lemos. Ademais, tamén se encargarán do inicio das obras de recuperación da Casona no polígono industrial do Incio, entre outros labores neste municipio.

“NO DISPONEMOS DE TRABAJO”

Unha vez que a Deputación aprobou en Pleno, co voto en contra do Partido Popular, o Lugo Emprega, o Plan que contrata a máis de 700 desempregados na provincia que, durante 6 meses, traballarán realizando labores de mantemento e mellora de servizos municipais co obxectivo de reducir ó número de parados e cooperar cos Concellos; enviouse por rexistro unha comunicación oficial a todos os municipios para que se sumasen ó Plan, requisito primeiro imprescindible. Neste documento, explicábase polo miúdo os pasos a seguir, o reparto dos contratados en función da taxa de poboación activa e o número de desempregados de cada municipio, así como que a Deputación se fará cargos dos soldos e os pagos á Seguridade Social, mentres os Concellos só deberán aportar o material de traballo ó persoal. Todos os municipios, con independencia da súa cor política e malia a negativa do PP no Pleno provincial, se sumaron en tempo e forma. A diferenza, o Alcalde do Incio amosou a súa negativa enviando unha carta á Deputación na que apuntaba textualmente, que “no es legítimo que se nos pueda exigir que asumamos la responsabilidad de contratar a personal PARA EL QUE NO DISPONEMOS DE TRABAJO, ni que se pretenda “endosársenos” otros para los que no tenemos competencia”.
A Deputación, consciente de que non ten competencias en material laboral xa que estas lles corresponde á Xunta, aprobou en Pleno, con voto en contra do PP, unha moción que esixe ó Goberno galego achegar os mesmos recursos a todos os Concellos da provincia para fomentar o emprego. O Goberno galego recortou este investimento na provincia con respecto ó ano anterior en máis de 3 millóns de euros. Ademais, só o 5% dos máis de 21.000 parados lucenses se beneficiaron destes fondos. Antes esta situación, o organismo provincial fixo un esforzo inversor de 8 millóns de euros para poñer en marcha o Lugo-Emprego e crear novos postos de traballos en todos os municipios, nos 67. Por iso, fixo unha excepción co Incio ofrecéndolle 2 días máis que os restantes Concellos para sumarse a esta iniciativa. Nembargantes, a Deputación non obtivo resposta algunha, entendendo que o Alcalde mantiña a postura expresada por carta: “este Ayuntamiento, a fecha de hoy tiene una plantilla execelente, la justa, pero también la necesaria por lo que parece obvio decir, que salvo imprevistos no disponemos de trabajos concretos para asignar a un nuevo personal”.

Mellora de servizos municipais “inaccesibles e inservibles”

Precisamente, o Presidente realizou esta anuncio nunha visita ó Incio onde supervisou as obras que o organismo provincial levou a cabo nas parroquias de Vilademouros, Rubián de Cima e A Cervela no Concello do Incio por valor de 23.000 euros. Trátanse de actuacións de mellora en servizos municipais “inaccesibles e inservibles”, segundo apuntan os veciños na solicitude destas actuacións presentada no Pazo Provincial, que a Deputación executou dentro do Plan de Comunidades Veciñais de 2010. As obras foron as seguintes: acondicionamento dun camiño da localidade de Vilademouros; mellora do camiño e a fonte de Rubián de Cima; e ampliación da prazas da Cervela. “Estas son obras que, probablemente senón as fixera a Deputación en colaboración cos veciños, nunca se levarían a cabo. Con elas pouco a pouco imos cambiando a situación das diferentes parroquias”.

Colaboración da Fundación TIC

A praza da Cervela é escenario dos festexos de Santa Lucía caracterizados polas “Danzas da Cervela”, un espectáculo que se agarda que sexa declarado de Interese Turístico Nacional sobre o que a Fundación TIC, dependente da Deputación, elaborou un vídeo co obxectivo de promocionalo ó exterior. Gómez Besteiro aproveitou a visita para visionar cos veciños este traballo.

viernes, 7 de enero de 2011

O INCIO PODERÍA PERDER OS CONTRATOS DA DEPUTACIÓN PARA DESEMPREGADOS

O PSOE acusa ao alcalde do Incio de pór en perigo as axudas que corresponderían a este concello dentro do Plan Emprega Lugo, mediante o que a Deputación custeará contratos de seis meses en servizos municipais destinados a persoas en paro. A portavoz municipal socialista Laura Celeiro afirma nun comunicado que, fronte á «adhesión masiva» a este programa de colocación en toda a provincia, Ángel Camiño «desmarcar dun xeito irresponsable, facendo política cos parados e xogando cos seus postos de traballo».
Segundo denuncia a concelleira, o alcalde enviaría un escrito á Deputación «absolutamente incoherente e improcedente» que podería supor que O Incio queda fóra do plan da Deputación.
Para Laura Celeiro, Ángel Camiño «prefire que vos desempregados continúen non paro antes de que a Deputación cre emprego non Incio». De acordo son os seus datos, ao Incio corresponderíanlle axudas para a contratación de sete traballadores con cargo ao Plan Emprega Lugo.
No escrito que remitiu á Deputación, ao que tivo acceso o PSOE, o alcalde argumenta que non lle parece ben que se nos poida esixir que asumamos a responsabilidade de contratar a un persoal para o que non dispomos de traballo».
«Este Concello a data de hoxe ten un persoal xusto, pero tamén necesaria... Parece, por iso, obvio dicir que non dispomos de traballos concretos que asignar a novo persoal. As nosas necesidades actuais nada teñen que ver co Plan Lugo Emprega», sinala Ángel Camiño noutro parágrafo do escrito que transcriben a concelleira socialista no seu comunicado de denuncia.
Ninguén o pediu
Sempre segundo Laura Celeiro, que contrapón o esforzo da Deputación ao «pasotismo» da Xunta para combater o paro, o alcalde do Incio obxecta aos promotores do Plan Emprega Lugo que «non ten competencia en políticas activas de emprego» e que neste caso non se lle pediu «a súa colaboración nin auxilio».

martes, 28 de diciembre de 2010

A DEPUTACIÓN DE LUGO APROBA HOXE O PROGRAMA "LUGO EMPREGA"

Hoxe daráse luz verde ó novo plan de emprego, "LUGO EMPREGA", co que o organismo provincial reducirá o número de parados na provincia e aumentará a cooperación cos Concellos. Un ambicioso proxecto dotado con máis de 8 millós de euros, e que dará traballo a máis de setecentos desempregados de tódolos municipios de Lugo ó longo de 6 meses.
En palabras do Presidente da Deputación de Lugo: "É unha boa noticia para 2011 para a redución de emprego e cooperar cos motores da provincia e os nosos máis íntimos aliados: os Concellos. É un Plan que pola súa cuantía e ambición non ten precedentes en Galicia, e resposta ós retos do Presuposto do vindeiro ano. É unha aposta forte e decidida co que a Deputación dá un paso ó frente para solucionar un problema, porque cada emprego é un triunfo e unha verdadeira victoria ”.Para a adxudicación dos recursos, a Deputación terá en conta as taxas de poboación activa e de desempregados inscritos nos Concellos. O plan ten dous obxectivos: reducir o número de parados na provincia e aumentar a cooperación cos Concellos que están a pasar unha delicada situación económica, provocando unha redución na prestación de servizos públicos. Por iso, o perfil das máis 700 persoas que se contratarán serán, fundamentalmente, operarios oficiais que prestarán o seu servizo en labores de mantemento, conservación e mellora dos servizos públicos de carácter municipal.
Para a contratación do número de traballadores, hai dous casos diferenciados:
a) No caso dos municipios de máis de 5.000 habitantes e con máis de 500 persoas en paro, a Deputación asumirá o custe total da contratación, pero deberán ser as entidades locais as que se encarguen da selección dos traballadores, formalización dos contratos e adxudicación de destino ós beneficiarios co material necesario correspondente.
b) Nos de menos de 5.000 habitantes ou con menos de medio milleiro de desempregados, a Deputación non só financiará a contratación, senón que realiza a selección dos traballadores porque os Concellos pequenos non dispoñen de todos os recursos para facelo.
Cronograma do Plan
Gómez Besteiro confirmou que o Plan estará operativo a finais de xaneiro, de tal xeito que a contratación dos desempregados comezará na segunda quincena de febreiro. Un día despois de ser aprobado polo Pleno, que se celebrará o martes 28, a Deputación enviará por rexistro unha comunicación oficial a todos os Concellos para que se adhiran ó Plan, quenes terán un prazo de sete días para efectuar a súa decisión, que é absolutamente improrrogable.
Case 12 millóns para o emprego
“Lugo Emprega” súmase a outras actuacións coas que a Deputación reduce o paro na provincia, e que en total suman preto de 12 millóns de euros. É o caso do Pacto Provincial polo Emprego, dotado con 3,4 millóns. Neste caso, en xaneiro comezarase coa formación dos 540 desempregados que se insertarán laboralmente nas profesións con máis futuro na provincia, e que foron previamente diagnosticadas.

O CONCELLO DO INCIO PERDEU POBOACIÓN EN MÁIS DUN 3% EN DOCE MESES

Os últimos datos demográficos do Instituto Nacional de Estatística (INE) apenas dan alegrías ao sur da provincia de Lugo. De acordo con estas cifras, practicamente todos os municipios das comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga perderon poboación entre o 2009 e o 2010. Monforte volve ser a única excepción porque segue dando pasos, aínda que lentos, para recuperar os 20.000 habitantes, a cota que perdeu en 1999 e que ata agora non volveu a pasar.
As cifras dadas a coñecer polo INE adxudican a Monforte unha poboación oficial de 19.638 habitantes, o que representa 92 máis dos que había en xaneiro do 2009. Porcentualmente, o incremento é de 0,47 puntos, que é exactamente o mesmo que retrocedeu no mesmo período o conxunto da poboación da provincia de Lugo. De feito, esta vez só outros sete municipios ademais de Monforte sumaron novos habitantes [ver gráfico]. As máis importantes, en cifras absolutas, son as de Lugo, con 957 máis; Burela, con 155; e Sarria, con 103. Tras Monforte sitúase Outeiro de Rei, con 84 máis, e Foz, Rábade e Ribadeo, con incrementos só simbólicos.
Á marxe de Monforte, os datos do padrón de habitantes a 1 de xaneiro do 2010, difundidos este mes polo INE, non admiten ningunha lectura positiva. Nin sequera a comparación co conxunto de Lugo permite salvar a cara. Se o conxunto da provincia perdeu este ano un 0,47% con respecto ao anterior, a zona sur retrocedeu tres veces máis, un 1.9% de media. A análise municipio a municipio é aínda peor. O Saviñao é o que máis veciños perde en cifras absolutas, porque en só doce meses o seu padrón reduciuse en 110 persoas. Pero porcentualmente hai resultados aínda máis alarmantes. Neses mesmos doce meses, O Incio perdeu ao 3,4% dos seus habitantes, Carballedo ao 3,1% e Sober ao 3%.
Hai por aquí municipios que perden poboación a un ritmo anual do 3%, e ata un pouco máis. Estamos tan afeitos ás estatísticas que confirman tozudamente a recesión demográfica que xa nin reparamos en que a esta velocidade, O Incio, Carballedo ou Sober, por exemplo, non tardarán moito en converterse en municipios practicamente inviables.

jueves, 16 de diciembre de 2010

FELICES FESTAS E BO ANO 2011


A Agrupación Socialista do Incio desexache unhas felices festas e que o próximo ano 2011 veña cargado de boas novas para TI e a túa familia así como tamén para o noso Concello!!

O PSOE DO INCIO PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA QUE NO INCIO SE MPLANTE A RECETE ELECTRÓNICA PURA

No caso do Concello do Incio o sistema de recetas médicas que se está implantando é un sistema de receta electrónica mixto. A receta electrónica en papel, que fai que os veciños teñan dez días de prazo dende a fecha de expedición da receta para recoller as suas medicinas. En cambio coa receta electrónica pura os veciños/as poderían recoller as medicinas nun prazo de 30 días (dez días antes e ata vinte días despois da expedición da receta)
Hai moitos veciños que se ven necesitados dunha amplia gama de medicinas que deben administrar con regularidade e frecuencia, como é o caso de persoas con enfermidades crónicas e, sobre todo, o grupo da terceira idade, que conforma un altísimo porcentaxe da poboación do noso municipio.
Para o caso das persoas que teñan que tomar varios farmácos á vez, unido a que as caixas dos medicamentos agotanse en ritmos diferentes, isto provoca que os veciños/as teñan que visitar varias veces á semana a farmacia co actual sistema de transición, mentras que coa receta electrónica pura e dura sería suficiente con acudir unha ou duas veces ó mes, e incluso o médico podería prescribir tratamentos de máis prazo.
Esta situación agravase considerablemente no caso do Concello do Incio que conta cunha poboación moi envellecida e que vive alonxada do núcleo, polo que é preciso que se despracen á farmacia moitas veces, obrigados a dispoñer dun taxi para recoller as suas medicinas.
Co actual sistema ademáis os veciños/as vense obrigados a revisar continuamente a caducidade da receita dos fármacos, para saber cando teñen que ir a recollelos, o que lles resulta compricado porque na maior parte dos casos viven sós. Non levar a cabo un control da caducidade implica que perdan o medicamento e teñan que facer unha nova receta.
Por todo o exposto o Grupo Municipal do PsdeG-PSOE propón ó Pleno do Concello do Incio a adopción do seguinte ACORDO:
Que o Concello do Incio inste ó Sergas a posta en marcha da receta electrónica pura á maior brevedade posible no municipio do Incio.

miércoles, 1 de diciembre de 2010

MÁIS GASTOS E MENOS SEGURIDADE PARA OS NOSOS GANDEIROS

A Consellería de Medio Rural ven informando nas Oficinas Comarcais de cambios no sistema de identificación e rexistro de animais, que veñen realizando os veterinarios identificadores que prestan os seus servicios a través da empresa pública Seaga.
A Consellería está a presionar dese xeito para que sexan os propios gandeiros os que se encarguen de colocar os crotais os animais, e dalos de alta nos rexistros a través da Oficina Virtual Agraria ou do teléfono 012.
Para aqueles gandeiros que non poidan facer eles mesmos a identificación, a Consellería esta a traballar para aprobar un decreto e autorizar a entidades identificadoras recoñecidas para que se lles autorice para facer as identificacións nas explotacións, sen necesidade de que sexan os veterinarios, o que supón a privatización do servicio. Máis gastos para os gandeiros.
Eran os veterinarios os que se encargaban de comprobar o estado sanitario dos animais no momento da identificación, comprobar a idade, a filiciación, os partos xemelares, encargándose das altas e baixas nos rexistros, de xeito que actuaban como garante e certificaban a trazabilidade dos animais.
Esa responsabilidade caerá agora sobre os gandeiros e gandeiras do nos concello, que serán os grandes perxudicados. Por un lado porque terán que redoblar o seu traballo e pasar horas para dar de alta os animais nos rexistros a través da Oficina Virtual, coa dificultade da deficiente cobertura de internet no rural e o elevado custe, ou realizando chamadas a un teléfono, que non son gratis.
No caso de poñer en marcha as entidades identificadoras autorizadas, os gandeiros que utilicen ese servicio terán que pagalo.
Outro aspecto é o laboral, xa que 100 veterinarios que prestan os servicios de identificación nas explotacións, irán ao paro.
Os socialistas propoñemos que se manteña o actual sistema de identificación e rexistro de animais, que realizan os veterinarios nas explotacións, tal que se garanta a rastrexabilidade dos animais en aras da seguridade sanitaria, a seguridade alimentaria e a saúde pública dos consumidores.
¿¿Canto lle vai a custar o novo servicio aos nosos gandeiros e gandeiras ?? ¿¿Cales serán as consecuencias se se rompe a rastrexabilidade nas explotacións ?? ¿¿Corre perigo a seguridad alimentaria dos consumidores ?? ¿¿Cal vai ser o próximo servicio público que se vai a suprimir ??

martes, 16 de noviembre de 2010

O INCIO XA DISPÓN DE INTERNET DE BANDA ANCHA

A rede wimax que permite o acceso a internet de banda ancha no 98% do termo municipal xa está en funcionamento. Os veciños que o desexen poden realizar as solicitudes de alta ou recabar información sobre as modalidades de contrato nas oficinas municipales ou ben contactando coa empresa que xestiona a rede, Eurona Wireless Telecom, no teléfono 900 85 08 08.
Esta firma será a encargada de facer as instalacións precisas en tódolos domicilios que o demanden, amáis de ocuparse do mantemento da rede ó longo dos próximos catro anos.
O enganche é gratuito e o servizo mínimo que se pode contratar ten un coste de 25€ mes + IVA incluido no caso dun mega. Para dous megas o precio será de 29.90€ + IVA, 34.90€ + IVA para tres megas e 67.90€ para 6 megas.
Estos traballos foron financiados cunha partida de 196.000€ procedente do Plan E de Zapatero.

viernes, 29 de octubre de 2010

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO O INCIO

Publicase no BOP a convocatoria de probas selectivas para a provisión mediante o sistema de concurso oposición, dunha praza de persoal laboral fixo, denominación: oficial de primeira a través do sistema de concurso oposición.
Os interesados presentarán a documentación no Concello do Incio no prazo de 20 días naturales dende a publicación do anuncio no BOE.
As bases poden consultarse no BOP núm.248

miércoles, 27 de octubre de 2010

Os socialistas do Incio iniciarán charlas informativas sobre a revisión catastral

O PSdeG-PSOE do Incio ante a situación de incertidume e falta de información que teñen moitos veciños e veciñas do Incio levará a cabo en próximos días unhas charlas informativas en distintos lugares do municipio coa finalidade de informar sobor da actualización catastral que se está levando a cabo no Incio. Os lugares onde se levaran a cabo as charlas serán públicados co tempo necesario.

O MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE APORTA 100.000 € PARA A RECUPERACIÓN DO CANGREXO AUTÓCTONO EN GOÓ

O Ministerio de Medio Ambiente Rural e Mariño executará con medios propios obras por importe de 20.88 millós de euros no Convenio coa Xunta relativo a actuacións de conservación na rede natura 2000 Europea, entre 2010-2013.
Estas actuacións contemplanse no "Anexo I" do Acordo de modificación e prórroga do Convenio, suscrito coa Ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, Elena Espinosa, e o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez. A Xunta aportará 4 millós de euros.
Respecto á recuperación de especies amenazadas o MARM levará a cabo actuacións como o Centro de cría de cangrexo autóctono en Goó. (O Incio)
Para este proxecto ó que o MARM adicará en exclusiva 100.000€, a repartir en duas anualidades 50.000€ anualidade 2011 e 50.000€ anualidade 2012.

miércoles, 6 de octubre de 2010

OFERTAS, GANGAS, QUE LO REGALAMOS TODO...

A boas horas chega a proposta de alcaldía debatida no pleno de onte para baixar o tipo impositivo do 0.60% ó 0.40% no caso da contribución urbana, e do 0.65 ó 0.30% no caso do IBI rústico. Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE entendemos que con esta rebaixa (que é necesaria) non se da solución os veciños e veciñas afectados este ano coa subida dos valores catastrais por un lado e coa aplicación do tipo impositivo máis alto permitido por lei (0.60%).En moitos casos os veciños tiveron xa que pagar cantidades astronómicas (300€-400€) en concepto de IBI.
A rebaixa que agora se fai será de aplicación para o ano 2011.
Agora dende o Goberno Local do Partido Popular, anunciase esta baixada a modo de "oferta", "ganga" vaia que no Incio se tira a casa pola ventá, e incluso o alcalde, amosou o seu desexo de que a reducción do IBI "sirva de exemplo" e sexa adoptada por outros Concellos.
Pois ben, qué pena que non mencione que fai seis anos, o propio goberno local que agora se mostra fachendoso da baixada do imposto, subiu o tipo impositivo de urbana do 0.40% ó 0.60% (unha subida do 50% no tipo impositivo, ata o máximo legal permitido por lei).
O Concello de Sarria tendo a posibilidade de fixar un tipo impositivo máis alto, vén aplicando o porcentaxe do 0.52%.
Tamén se esquence o goberno local de mencionar os altos ingresos que este ano percibe o Concello do Incio, derivados da revisión dos valores catastrais conxugados coa aplicación do tipo impositivo máis alto legalmente permitido.

SUBE A TASA DA AUGA E O LIXO 1.8% NO INCIO

No pleno ordinario celebrado o pasado día 05/10/2010 aprobouse a Conta Xeral do ano 2009 cos votos a favor do Partido Popular e abstención do BNG e PSdeG-PSOE. No pleno tamén quedou fixado o calendario de festivos para ano 2011 acordo que se adoptou por unanimidade.
Outro punto da orde do día, foi a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa por subministro de auga, modificación que saiu adiante cos votos favorables do Partido Popular, o voto en contra do BNG e a abstención do PSdeG-PSOE dende o Partido Socialista entendemos que "no Concello do Incio xa se paga un alto prezo pola auga, por tal motivo nestos momentos de dificultade económica deberíase conxelar a tarifa da auga e non repercutila nos veciños". Tamén no pleno se procedeu á modificación da ordenanza reguladora da taxa de recollida do lixo, proposta de alcaldía que foi aprobada cos votos favorables do Partido Popular, o voto en contra do BNG e a abstención do PSdeG-PSOE. Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE "entendemos igualmente que nestes momentos de asfixia que están sufrindo moitas familias a consecuencia da crise económica, non se pode agravar cunha subida de impostos por parte do Concello".

lunes, 4 de octubre de 2010

O PSOE DO INCIO PRESENTARÁ UNHA MOCIÓN SOBOR DA LEI DE AUGAS NO PLENO DE MAÑÁ


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Este Proxecto de lei que nos presenta o Goberno de Galicia non se compadece co seu título porque para ser unha auténtica Lei de Augas de Galicia debería ordenar todos os usos da auga, cuestión que en absoluto se cumpre.
Este Proxecto esquece as especifidades de Galicia, a nosa relación cultural coa auga e os usos da mesma e a xestión que durante décadas se ven facendo da auga por parte de milleiros de cidadáns que viven no rural de Galicia, as traídas veciñais que co seu esforzo manteñen unha rede de abastecemento nas aldeas do rural en substitución dunha administración que non se ocupou nin preocupou por garantir o acceso á auga de calidade do conxunto da cidadanía de Galicia.
A oportunidade de elaborar un Proxecto de lei sobre a auga é desaproveitada polo actual goberno de Galicia para regular e ordenar a confusa e diversa fiscalidade sobre este recurso natural. Non houbo nin hai vontade política por parte do goberno de Galicia para establecer un diálogo con outras administracións tanto a local como a estatal para establecer unha fiscalidade progresiva e equitativa, onde toda a cidadanía que teña acceso á auga pague o mesmo en todos os territorios, independentemente de si a conca que os regula pertence á Comunidade Autónoma de Galicia ou ao Goberno de España.
O proxecto obvia moitos dos aspectos da lexislación existente que ten a obriga de incorporar como a Directiva Marco da Auga e a lexislación estatal, entre outros non contempla:
• A utilización sostible dos recursos hídricos.
• A necesidade de protección e mellora dos sistemas acuáticos.
• A protección do recurso auga.
• A prevención e redución da contaminación e en xeral a protección do medio ambiente.
• Tampouco se regulan só se fan leves referencias as situacións de enchentas ou secas nin a necesidade de levar a cabo tarefas preventivas nestes campos, sobor de todo tendo en conta as graves inundacións que partes do territorio galego teñen sufrido nos últimos anos así como a aparición de casos puntuais de seca que se teñen dado e eran impensables anos atrás en Galicia.
• Non se fai referencia ás zonas inundables nin as zonas protexidas
• Falta unha regulación relativa ó rego, onde se garanta unha xestión eficiente e sostible do mesmo.
• Tampouco están contempladas previsións en materia de augas subterráneas nin a reutilización do recurso.
A auga é un recurso natural imprescindible para a vida, o desenvolvemento humano e para o mantemento dos ecosistemas. Un recurso con valor económico, social e ambiental. Económico como recurso “escaso” que pode servir para xerar riqueza a través dos seus diferentes usos e aplicacións. Social, como recurso imprescindible para a vida humana e o desenvolvemento das poboacións e Ambiental cómo recurso natural, xa que a calidade da auga inflúe directamente na situación, evolución e conservación dos ecosistemas naturais.
Garantir o cumprimento da Directiva Marco da Auga implica asumir esta concepción do recurso e, en particular, garantir a sostibilidade ambiental, a eficiencia de todos os usos da auga, a racionalidade económica e a participación pública (nos termos establecidos na DMA e na demais lexislación vixente).
Pola contra este Proxecto de lei non asume o novo modelo de xestión da DMA, que implica o recoñecemento dun recurso “limitado”, cuxa xestión se basea na demanda, mellorando a eficiencia do uso dos recursos hídricos, reducindo o consumo e incentivando o aforro da auga.
Este proxecto atende a fórmulas e criterios da xestión da oferta e basease nunha política de infraestruturas e recaudatoria para sufragar esas infraestruturas. Só se preocupa de maneira destacada da creación do ente Augas de Galicia e dos aspectos recadatorios.
O CES no apartado da creación deste novo ente considera que non se xustifica a oportunidade de creación, das razóns da elección da forma xurídica, das vantaxes que poida supoñer e cree que o texto debería garantir a prevalencia do dereito público, incluída a súa aplicación á regulación do persoal.
Esta lei en definitiva, só ten un obxetivo contrastado: recadar máis, subir o prezo da auga para o conxunto da cidadanía.
A aparición deste novo canon da auga suporá nalgún dos tramos incrementos do 140% respecto do prezo actual. Noutros o prezo da auga en Galicia se equipara ao prezo de auga de desaladora no Levante de España.
Este canon establecese ademais sen contar cos gobernos locais, co total desacordo dos concellos que terán que aplicar despois este canón ao conxunto da cidadanía. Pretende cercenar a autonomía local e as competencias que teñen asumidas os concellos.
O CES di no ditame que fai sobre esta lei respecto do novo “canon da auga” en termos literais: “....Compre unha reflexión sobre a oportunidade de incrementar a presión impositiva sobre a cidadanía, familias e empresas, na conxuntura actual de crise económica...”
Os concellos a través da Fegamp chegan incluso a nomear a esta lei, nalgunha da reflexións conxuntas feitas como a “Lei de ordenación tributaria e administrativa dos servizos de saneamento e abastecemento”
A pesares desta reflexión e do desacordo dos concellos o Goberno empeñase en traer ao Parlamento un proxecto de Lei rexeitado e co que se pretenden establecer vellas receitas como novas.
O Goberno pretende facer crer ao conxunto da opinión pública que neste canón se paga por vez primeira en función da auga consumida, pero esta afirmación é falsa posto que no canon de saneamento existente xa se paga en función do m3 consumido e se fixa o prezo cada ano nos orzamentos da Xunta. Na actualidade pagamos para usos domésticos 0,209 euros/m3, pola auga en Galicia.
Tamén é falsa a afirmación de que haxa por vez primeira tarifas reducidas para as familias numerosas, porque na actualidade xa as familias numerosas teñen unha bonificación do 50%.
E por último, respecto da fiscalidade asoma de novo a vella receita semellando ser nova. Xa nas vixentes leis dos anos 93 e 2001 se vinculaba o canón ós investimentos en obras hidráulicas e o resultado está á vista. Galicia incumpriu sistematicamente as directivas comunitarias de calidade de augas residuais e de calidade de augas para a cría de moluscos con sancións dos tribunais comunitarios.
Por todo o exposto, sometemos a aprobación deste Pleno a adopción dos seguintes acordos:

 O CONCELLO DO INCIO SOLICITA Á XUNTA DE GALICIA QUE:

1. A política de prezos da auga en Galicia se axuste ao que din as Directivas Comunitarias. Que antes de subirlle a auga aos cidadás se faga un profundo estudo no que se teña en conta a demanda da auga en todos os seus usos, os métodos de medición implantados e a implantar, os custos financeiros do subministro e a avaliación dos custos ambientais e de recursos.

2. Se faga unha política de prezos aplicando principios de progresividade e equidade e que teña incentivos para que os usuarios utilicen a auga de xeito máis eficaz, aforren no consumo e contaminen menos.

3. Faga o necesario para evitar a duplicidade na recuperación de custos, e que, os cidadáns paguen os mesmos impostos tanto se están baixo a competencia da conca hidrográfica, competencia da Xunta, como nalgunha das concas intercomunitarias, que son competencia do Estado.

4. Recoñeza o traballo feito polas traídas veciñais dende a década dos 60, que se lle de voz e participación nos órganos de consulta e colaboración da administración galega, que se asine un convenio con elas para modernizar as traídas veciñais e para incorporalas progresivamente á rede pública abastecemento e saneamento.

5. Se establezan os obxectivos de protección do dominio público hidráulico e se cree o Rexistro Xeral de Augas e o Rexistro de Zonas Protexidas.

6. Os cidadáns participen na política de prezos e nas demais políticas da Auga a través do Consello para o Uso Sostible da Auga, e que, os gobernos locais formen parte da Axencia Galega da Auga decidindo xunto co goberno de Galicia a política sobre a auga (investimentos, planificación, prezos, etc.) e non sexan utilizados como meros “instrumentos recaudadores”.

PLENO NO CONCELLO DO INCIO

PLENO ORDINARIO NO CONCELLO DO INCIO DÍA 5 DE OUTUBRO DE 2010 ÁS 08.30 HORAS NA CASA DO CONCELLO.
ORDE DO DÍA
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (28/06/2010)
2. Aprobación, se procede, Conta Xeral, exercizo 2009
3. Ratificación, se procede, Resolución Festas Locais 2011
4. Aprobación provisional, se procede, modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora da taxa por subministro de auga.
5. Aprobación provisional, se procede, modificación da Ordenanza Fiscal reguladora da taxa por recollida de lixo
6.Aprobación provisional, se procede, modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles
7. Moción do Grupo Popular relativa ó servizo de Correos
8. Moción do Grupo Popular relativa ás liquidacións negativas correspondentes á participación nos ingresos do Estado do ano 2008.
9. Moción do Grupo Popular relativa á suba eléctrica.
10. Dar conta das Resolucións da Alcaldía.
11. Mocións ou outros asuntos a tratar de urxencia, se os houbera.
12. Rogos e preguntas

martes, 28 de septiembre de 2010

E DE SÚPETO NON HAI UN DURO

Tiñamos en Galicia... Bo, temos aínda, dous superorquestas sinfónicas en só 70 quilómetros; un mausoleo baleiro, porque a Fraga apeteceulle un día a súa pirámide de Keops; case tantos coches oficiais como en Suecia; tres museos públicos de arte moderno, envorcados a miúdo en expor mamarrachadas; a marca Guinness de paseos marítimos, e estupendas autovías que levan a pobos de doce mil persoas.
Temos un valedor do pobo con tres vicevaledores, unha secretaria xeral e cinco asesores; un Consello Consultivo de Galicia, cunha presidenta e sete conselleiros; un Consello da Cultura e un Consello Económico e Social (non é unha película dos irmáns Marx, existen todos, coas súas sedes e os seus orzamentos).
Temos unha televisión autonómica con dúas canles, que en xeral distorsiona a democracia, pois adoita varrer para quen goberna, e tamén unha radio pública. Se entran nas webs das consellerías, poderán ver que de cada unha penden tres ou catro chiringuitos, algúns certamente enxeñosos por parte de quen os inventou sen que houbese necesidade algunha. Todos teñen os seus logos de deseño e as súas nóminas (ás veces tamén de deseño).
Temos piscinas chachis e flamantes polideportivos en concellos despoblados, e campos de fútbol de herba sintética en parroquias ignotas (a súa proliferación en Pontevedra é digna dun estudo). Tamén somos protas en expos e congresos de todo tipo, con enviados das nosas axencias, institutos galegos do que toque e centros tecnolóxicos do que faga falta. Subvencionamos ás aerolíneas privadas para que voen desde os nosos aeroportos, que non captan público suficiente porque son tres en só 160 quilómetros. Na etapa de Touriño chegamos a estudar (e tampouco é broma) a posibilidade dun satélite galego.
Pero temos tamén outras cousas. Sobre unha poboación de 2,7 millóns de galegos, hai 721.000 xubilados e só un millón de persoas que traballan. Dos que curran, 150.000 son empregados públicos (90.000 da Xunta). Esas cifras son a radiografía dunha ruína. Pero puidemos vivir con boato, porque existían os fondos europeos e a solidariedade do Estado. A partir do 2004, polos seus intereses electorais e para sosterse en minoría, Zapatero foi rebaixando a solidariedade interterritorial, inmolada finalmente na altar dos estatutos nada constitucionais de Andalucía e Cataluña. A maiores, a picada inmobiliaria privou ás comunidades dunha recadación tributaria extra que lles permitiu asumir gastos crecentes para os que non estaban ben dotadas.
E agora, sorpresa: non hai un duro. ¿Podiamos permitirnos aqueles luxos? ¿Negociouse ben co Estado? E a clave: ¿é viable o Estado das autonomías tal como está exposto fiscalmente e coa súa pufo de máis de cen mil millóns?
ARTIGO DA VOZ DE GALICIA DE LUIS VENTOSO

jueves, 23 de septiembre de 2010

GALLEGO DENUNCIA QUE A NOVA LEI DE AUGAS SÓ TEN UN FIN RECADATORIO

A deputada do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego presentou hoxe en rolda de prensa as 171 emendas parciais do PSdeG-PSOE ao anteproxecto da Lei de Augas de Galicia.
Gallego asegura que a normativa presentada polo Goberno de Feijoo “so ten fins recadautorios”.Di que ten coma finalidade utilizar aos concellos como recadadores, cobrar a persoas que obteñen a auga das súas propias traídas veciñais e subir os impostos a tódolos cidadáns en época de crise económica”.
A deputada explica que con esta proxecto de Lei a Xunta vai recaudar para as súas arcas un 97% mais en impostos, o que supón 68.5 millóns de euros para a administración autonómica. Criticou tamén que antes de fixar as taxas a Xunta non realice un profundo estudo en que, entre outras cousas, teña en cónta a demanda da auga en tódolos seus os usos, o custo financeiro da subministración e a avaliación dos custos ambientais.
Gallego replica tamén “que esta é a Lei que Galicia non necesita”, xa que entendemos que “en época de crise non se pode subir o prezo da auga a cifras da desaladora de Murcia”, ou un 120% mais cara que en Andalucía. Coas cifras na man dixo que o proxecto de lei da Xunta fixa o último tramo do prezo da auga en 0,41 euros o metro cúbico, a mesma taxa, dixo, que se aplica no Levante.
A deputada socialista sinala que as emendas do PSdeG-PSOE teñen coma finalidade converter o anteproxecto nun autentico Proxecto de Lei de Augas de Galicia. Aplicando os preceptos que marca a Directiva Marco da Auga para ter en conta aspectos como a demanda da auga na nosa Comunidade, así coma unha avaliación dos seus mananciais e dos seus recursos.
Subliña que hai que realizar unha tarifa de prezos aplicando os principios de equidade e progresividade. Indica ademais que nesa política de augas ten que haber uns principios para realizar un uso da auga responsable, baixo parámetros de eficacia e eficiencia. Ademais sinala que a Xunta ten que evitar a duplicidade de impostos, para que os cidadáns paguen os mesmos impostos independentemente de onde vivan.
Gallego dixo que a nova Lei de Augas non contempla a participación pública “algo vital que recollen tódalas directivas comunitarias.
Axencia Galega da Auga

Reclamou tamén que os concellos, as deputacións e os cidadáns formen parte da Axencia Galega da Auga, e que sexa este organismo público o que rexa a política da auga xa que é “ máis transparente e participativo”, explicou. Di que este novo ente esta máis sometido ao control público que un organismo autónomo como o que pretende crear a Xunta de Galicia.
Dende o PSdeG reclamamos “obxectivos de protección medio ambiental en materia de augas”, e “obxectivos de protección do dominio público hidráulico”. Ademais solicitamos a creación do Rexistro Xeral de Augas e o Rexistro de Zonas Protexidas, cumprido desta maneira os principios emanados da Directiva Marco da Auga e adicamos todo un título á Participación Pública e Dereito á Información Ambiental.
Argumenta que as propostas socialistas outorgan aos concellos a mesma representación numérica que á Xunta no Consello de Administración da Axencia Galega da Auga. Subliña que cada Deputación e cada Ente Supra municipal terán cando menos un representante e que os usuarios terán unha representación non inferior a 1/3 do total de membros do Consello de Administración.
Xa para rematar criticou que o Goberno galego utiliza a nova lei para derrogar a actual normativa de calidade das augas das rías, nese senso Gallego defende que se manteña esta lexislación.

jueves, 2 de septiembre de 2010

A ONDE IMOS PARAR!


O PP INTENTA ENGANAR OS GALEGOS DUPLICANDOLLES A RECADACIÓN POLO CANÓN DA AUGA

A Xunta de Galiza prevé duplicar a recadación prevista polo canon de saneamento para o ano 2010, cun incremento de preto de 35 millóns de euros.
Suprimen as exencións existentes na actualidade para os núcleos de menos de 2.000 habitantes, prexudicando especialmente os veciños e veciñas do rural, que terán que pagar aínda que non teñan servizos públicos de abastecemento de auga ou de saneamento.
Esta é unha lei que foi elaborada sen consultar aos concellos galegos, sen discusión previa, obviando a realidade local e a grave situación económica que se sofre no país e nos concellos.
Ademais, tamén se reducen os consumos asimilábeis a domésticos, pasando dos 3.000 m3/ao ano actuais a 2.000 m3/ao ano, o que terá consecuencias moi importantes na suba que van experimentar colexios, centros de saúde, pequenos negocios, hostalaría, etc.
Suprimen as exencións existentes na actualidade para os núcleos de menos de 2.000 habitantes, prexudicando especialmente aos veciños e veciñas do rural, que terán que pagar o canon polo aproveitamento da auga dos seus propios pozos, ou de traídas veciñais, do que hoxe están exentos, e ademais aínda que non teñan servizos públicos de abastecemento de auga ou de saneamento. Só no caso de que non dispoñan de ningún destes dous servizos públicos poderán aplicar a redución prevista na lei, pero aínda non tendo ningún servizo terán que tributar polo canon da auga, explícase.
Ademais, esta lei obriga a instalar contadores homologados nos pozos particulares, baixo a ameaza de multas de até 30.000 euros.
Por outra parte, a lei non adopta ningunha medida que veña a incentivar o aforro de auga, nin nos usos domésticos nin nos outros, e por riba estabelece unha cota para todos os fogares aínda que non teñan consumo de auga.

miércoles, 1 de septiembre de 2010

martes, 31 de agosto de 2010

UN INCENDIO INTENCIONADO QUEIMA UN ALPENDRE NO INCIO

Parte dun alpendre de Cruz do Incio ardeu na madrugada do luns. O alpendre, construído de bloques e teza, está situado na rúa Ánxel Fole, na mesma leira que a vivenda dos seus propietarios, e a uns cincuenta metros de onde o domingo pola noite celebrábase o festival de música folk Terra Brava.
Os donos do alpendre gardaban nel un tractor con remolque, diversos apeiros de labranza, así como rulos de herba. O incendio iniciouse sobre as cinco e cuarto da mañá. As chamas queimaron boa parte do tellado do galpón, as rodas do remolque e parte da herba. Os propietarios puideron retirar o tractor a tempo polo que non sufriu ningún dano. Nos labores de extinción participaron os veciños e o camión de bombeiros do que dispón o Concello.
Segundo o relato dun dos membros da organización do Terra Brava, cando abandonou o recinto do festival quedaba un grupo dunhas oito ou dez persoas. Ao chegar á súa casa decatouse de que se esqueceu as chaves e volveu por elas. Nese intervalo, que cifra nuns quince minutos, atopouse co alpendre en chamas antes de chegar de novo ao festival.
Segundo testemuñas presenciais, hai varias persoas implicadas no incendio, que ao parecer foi intencionado, xa que ademais de prender lume ao alpendre, tamén esnaquizaron a horta que hai na mesma leira, na que os propietarios plantaran diversas verduras e hortalizas, e que dá á estrada. Foi na calzada onde atoparon un número considerable de pezas de remolacha, cabazas e tamén mazás. A leira está pechada e ten unha cancilla, que polo visto saltaron. Polo momento descoñécese aos posibles autores do delito.

PAGO EXPROPIACIÓNS TERREOS CORREDOR SARRIA-MONFORTE

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras Delegación Territorial de Lugo
Anuncio
Autorizado pola Superioridade o pago de expropiacións dos terreos ocupados con motivo das obras de:
CORREDOR SARRIA-MONFORTE DE LEMOS. TREITO: SARRIA-NOCEDA.
TERMO MUNICIPAL DE INCIO.
CLAVE: LU/03/007.01.1.
Esta Xefatura Territorial resolveu:
Sinalar a data de pago, segundo a relación de afectados que se achega e coa asistencia do representante da
Administración, Alcalde e Secretario do citado Concello.
Día: 15 de setembro de 2010.
Hora: De 10:30 a 11:30 h.

Lugar: Concello de INCIO.
Lugo, 16 de agosto de 2010.- O Xefe Territorial, José María López Vega.
MÁIS INFORMACIÓN BOP NÚM.198

lunes, 30 de agosto de 2010

A VICEPRESIDENTA SEGUNDA DA DEPUTACIÓN DE LUGO APOIA COA SUA PRESENZA AS DANZAS DA CERVELA

O municipio do Incio vestiuse de festa na xornada de onte na que se combinou a tradición das danzas ancestrais da Cervela coa animación do festival Terra Brava, en Santa Cruz do Incio.
A parroquia da Cervela volveu recibir os seus catro danzantes, quenes, como marca a tradición, volveron honrar á Virxe do Rosario e os catro Santos (San Antonio, San Cristovo, Santa Lucía e San Roque) que participaron na tradicional procesión que se realiza despois da misa maior.
Os danzantes escenificaron o tradicional baile de máis de cincocentos anos de antigüedade na praza da Cervela, baixo a atenta mirada de lugareños e curiosos, así como unha invitada de luxo a Vicepresidenta segunda de Deputación de Lugo, Lara Méndez que estivo acompañada dos concelleiros socialistas do Incio, Laura Celeiro e Carlos Pereiro, así como a executiva local do PSdeG-PSOE.
O pintoresco desta danza, cuxo orixen está nunha festa pagana, pero que co tempo se adaptou ó cristianismo, consegue que estos festexos sexan uns dos máis importantes e singulares do sur da provincia de Lugo.
IMAXE DE ARQUIVO

viernes, 27 de agosto de 2010

O INCIO ARDE EN FESTAS ESTE FIN DE SEMANA...


  • VIII FESTIVAL TERRA BRAVA NO INCIO O DOMINGO DÍA 29 DE AGOSTO.
  • OS DANZANTES DA CERVELA (PARROQUIA DA CERVELA DÍAS 28/29/30 DE AGOSTO). O sábado haberá queimada popular e un dúo, o domingo día grande misa ás 13:00 horas seguida de procesión e a actuación de un Grupo Regional. Á noite verbena coa orquesta FIN DE SIGLO. O luns día 30 vermouth e verbena coa orquesta Venecia. (Ámbolos dous días actuacións dos danzantes da Cervela na procesión)

miércoles, 25 de agosto de 2010

lunes, 23 de agosto de 2010

AVISO IMPORTANTE!!

O INCIO
DECRETO DE ALCALDÍA
Transcurrido el plazo otorgado para la subsanación de errores o defectos en las solicitudes, y examinada y califi
cada la documentación presentada por los aspirantes al proceso selectivo para cubrir dos plazas de: OPERARIO
DE SERVICIOS VARIOS Y CONDUCTOR, y una plaza de OPERARIO DE SERVICIOS VARIOS, personal laboral, sistema selectivo: Oposición libre, HE RESUELTO:
Primero.- Aprobar la siguiente lista defi nitiva de admitidos y excluídos para las plazas de operario de servicios varios y conductor:
Admitidos:
1 Bravos Pazos, Miguel 33.548.175-F
2 Cabana Casas, Pablo 32.672.934-P
3 Castro Rodríguez, José Luis 34.258.168-J
4 Cuña, Anidio Antonio X-0570027-H
5 Díaz López, Julio 76.620.575-P
6 Fernández Delgado, José 10.086.395-K
7 Fraguela Costa, Casimiro Carlos 32.757.973-Q
8 González Jato, Juan Carlos 34.258.530-F
9 López Rodríguez, Jesús 33.857.103-E
10 Montero Fernández, Manuel 76.618.209-B
11 Moscoso Rodríguez, José Emilio 34.259.910-F
12 Prieto Sousa, Iago 33.544.123-A
13 Rielo Rico, Carlos Manuel 33.333.544-N
14 Rodríguez Torres, Rubén 33.550.441-L
15 Salgueiro Rodríguez, Juan Carlos 34.264.863-S
16 Trabazos Castro, Juan Carlos 36.103.582-E
B.O.P. de Lugo Núm. 193 - Lunes, 23 de Agosto de 2010 3
17 Vázquez Sanfi z, José Antonio 76.613.096-G
Excluídos:
1 Maceda Casas, Iván (no aportar carnet de conducir C1) 34.272.991-R
Segundo.- Aprobar la siguiente lista defi nitiva de admitidos y excluídos para la plaza de operario de servicios varios:
1 Arribas Trigo, Antonio 33.339.317-N
2 Darriba Saco, Eusebio 34.249.927-Y
3 Díaz López, Julio 76.620.575-P
4 González Jato, Juan Carlos 34.258.530-F
5 López Álvarez, Fernán 33.314.189-T
6 Maceda Casas, Iván 34.272.991-R
7 Moscoso Rodríguez, José Emilio 34.259.910-F
8 Prada Prada, Francisco 76.730.228-C
9 Salgueiro Rodríguez, Juan Carlos 34.264.863-S
10 Santos Rodríguez, Jordi 33.342.716-F
Tercero: Designar a los componentes del Tribunal de selección que formarán parte de las pruebas de la plaza de
operario de servicios varios:
Presidente: Águeda Martínez de Azcoitia Rey, Secretaria del Ayuntamiento.
Vocales:
− Purifi cación Freán Caldas, funcionaria escala de Administración General.
− Mª Jesús Veigas López, funcionaria escala de Administración Especial.
− Antonio Lorenzo Rodríguez, técnico municipal.
Secretario: Héctor Manuel Corujo González, funcionario escala de Administración General.
Cuarto: Designar a los componentes del Tribunal de selección que formarán parte de las pruebas de las plazas
de operario de servicios varios y conductor:
Presidente: Águeda Martínez de Azcoitia Rey, Secretaria del Ayuntamiento.
Vocales:
− Purifi cación Freán Caldas, funcionaria escala de Administración General.
− Mª Jesús Veigas López, funcionaria escala de Administración Especial.
− Antonio Lorenzo Rodríguez, técnico municipal.
Secretario: Héctor Manuel Corujo González, funcionario escala de administración general
Quinto: Señalar la fecha, hora y lugar de realización del primer ejercicio:
−Plazas de operario de servicios varios y conductor: 20 de septiembre de 2010, a las 08:00 horas, en la Casa Consistorial del Ayuntamiento de O Incio.
− Plaza de operario de servicios varios: 20 de septiembre de 2010, a las 12:00 horas, en la Casa Consistorial del Ayuntamiento de O Incio.
Sexto: De conformidad con lo establecido en el artículo 35 del Texto Refundido de la Ley de la Función Pública de Galicia el examen podrá realizarse en gallego o en castellano.
O Incio, a 13 de agosto de 2010.-

O FOGAR DE SAN JOSÉ HOMENAXEARÁ A UNHA CENTENARIA DO INCIO NA FESTIVIDADE DE SANTA TERESA

O asilo de anciáns Fogar de San José celebrará o vindeiro xoves, día 26 de agosto, a festividade de Santa Teresa, patroa da congregación relixiosa que está á fronte desta residencia monfortina desde a súa fundación. Os actos programados con este motivo incluirán unha pequena homenaxe a María Armesto Vega , con motivo do seu cen aniversario.
MOITAS FELICIDADES!

viernes, 20 de agosto de 2010

O PSOE DO INCIO PROPÓN A CREACIÓN DUN INVENTARIO DE BENS E DEREITOS

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE vén de presentar unha proposta dirixida á Xunta de Goberno Local para que se tome en consideración a creación dun inventario municipal.
Texto da Proposta:
O Real Decreto 1372/1986 de 13 de xuño polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locales determina no Capítulo III, Sección Primeria, que:
“As Corporacións Locales están obrigadas a formar inventario de tódolos seus bens e dereitos calquera que sexa a sua natureza ou forma de adquisición.” (ART.17)
Máis adiante o mesmo texto, na citada Sección, dedica varios artigos a diversos aspectos do inventario de bens municipais e, entre outras cuestións, establece que “a rectificación do inventario verificarase anualmente” (ART.33.1) e que “a comprobación se efectuará sempre que se renove a Corporación” (ART. 33.2)
Por último o artigo 34 sinala que será o Pleno da Corporación “o órgano competente para acordar a aprobación do inventario xa formado, a sua rectificación e comprobación”.
Pola sua banda a Lei 33/2003 de 3 de novembro, do Patrimonio das Administracións Públicas, confirma no seu art.32.1 que “As Administracións Públicas están obrigadas a inventariar os bens e dereitos que integran o seu patrimonio, facendo constar, co suficiente detalle, as mencións necesarias para a sua identificación e as que resulten precisas para reflexar a situación xurídica e o destino e uso as que estén sendo dedicados”.
Asemade no artigo 32.4, esa mesma Lei 33/2003 recolle que o inventario patrimonial das entidades públicas incluirá “polo menos, os bens inmobles e os dereitos reales sobre os mesmos”.
Neste intre o Concello carece de datos fehacientes e actualizados dacordo coas normas legais vixentes de todo o seu patrimonio público, tanto referido a bens inmobles, como dereitos reais, vehículos, móbles de carácter histórico ou artístico. Etc.
Este baleiro, ademáis de incumplir a lexislación vixente de maneira flagrante e de constituír por si mesmo un atranco importante no desenvolvemento da administración local, xenera unha situación de inseguridade física e xurídica inaceptable, dado que podería plantexar serias dúbidas ou limitacións con respecto á posibilidade de disposición de certas propiedades municipais, alomenos en determinadas situacións.
Por todo o exposto, propoño á Xunta de Goberno Local do Concello do Incio:
1. Que tome en consideración a posibilidade de proceder á elaboración dun inventario de tódolos bens e dereitos de titularidade municipal, dacordo cos termos establecidos na normativa legal de referencia.
2. Que nos próximos orzamentos municipais se adique unha partida á elaboración do devandito inventario municipal.

viernes, 13 de agosto de 2010

EDICTO O INCIO

O INCIO
Edicto
Mediante Decreto de Alcaldía, de fecha 05/08/10, de conformidad con lo establecido en el art. 49 de la Ley Reguladora de la Jurisdicción Contencioso-Administrativa,
se acordó la remisión al Juzgado de lo Contencioso-Administrativo de Lugo, del expediente por el que se resuelve la denegación de la licenza de obra solicitadapara el cierre de las parcelas 261 y 33 del polígono 63 del catastro de rústica, acuerdo de la Junta de Gobierno Local de fecha 12 de marzo de 2010.
De conformidad con lo establecido en el art. 59.5 de la Ley 30/1992, de 26 de noviembre, se emplaza a cuantos interesados como titulares de derechos o intereses
legítimos que puedan resultar afectados por la decisión que en relación con dicho expediente administrativo se adopte, para que puedan comparecer y personarse como demandados ante ese Juzgado, asistidos de abogado en el plazo de nueve días, comunicándoles que, si se personan fuera del plazo indicado se les tendrá por parte, sin que por ello deba retrotraerse ni interrumpirse el curso del procedimiento, y que, sino se personaran, continuará el procedimiento por sus trámites, sin que se les haga ninguna notificación.
O Incio, 5 de agosto de 2010.-

miércoles, 4 de agosto de 2010

A FONTE DA BICA


Adxuntamos fotografía da foto de Calvos unha vez rehabilitada grazas á un plan de cooperación da Deputación de Lugo.

viernes, 30 de julio de 2010

O INCIO EDICTO BOP NÚM.173

O INCIO
Edicto
Transcurrido el plazo de exposición al público del expediente de modifi cación de créditos, crédito extraordinario, en cumplimiento de lo dispuesto en los arts. 177.2 y 169.1 del Real Decreto Legislativo 2/2004, se hace público para general conocimiento que el acuerdo inicial queda elevado a defi nitivo al no presentarse reclamaciones en el plazo de exposición al público, quedando después de dicho expediente, el resumen por capítulos del estado de gastos del Presupuesto de 2010 de la siguiente forma:
CAPITULOS CONSIGNACION (€)
1.- Gastos de personal 590.086,96 €
2.- Gastos corrientes en bienes y servicios 385.870,09 €
3.- Gastos fi nancieros 3.407,41 €
4.- Transferencias corrientes 23.000,00 €
6.- Inversiones reales 467.295,15 €
7.- Transferencias de capital 0,00 €
8.- Activos fi nancieros 0,00 €
9.- Pasivos fi nancieros 26.383,05 €
SUMAS TOTALES 1.496.042,66 €
O Incio, 23 de julio de 2010.-

jueves, 29 de julio de 2010

NON HAI NIN UN DURO

Non hai nin un duro. Esa é a palabra máis repetida polo Partido Popular. Non hai nin un duro para a creación dun obradoiro de emprego no municipio que puidera xerar postos de traballo e crecemento no Incio, non hai nin un duro para a mellora de infraestructuras necesarias dos pobos (acondicionamento de camiños, fontes, saneamento...), non hai nin un duro para un centro de día no Incio, non hai nin un duro para o acondicionamento do vial LU-642 (estrada que se atopa nun lamentable estado de deterioro sobre todo no treito Hospital-A Ferrería), e o que é máis triste ainda, non hai nin un duro para rematar a estrada LU-641 que une Castroncán con Cruz do Incio e que, lembremos só se vai executar ata o Val do Mao... Entre tanto a Xunta de Galicia anuncia a mellora da praza pública do Incio por un importe superior ós 300.000€ unha vez se derriben duas casas no Incio que "ocultan" parcialmente a casa Consistorial. A esta cantidade hai que sumar os 50.000€ que o Concello aportará das arcas municipais para adquisición dun dos inmobles.
É certa a máxima que di "que todo o que veña para o pobo benvido sexa" pero ¿Realmente ten sentido esta inversión? ¿Non houbera sido mellor atender outras necesidades dos veciños/as prioritarias antes de acondicionar unha plaza para simple ornato?.

EDICTO O INCIO DOG NÚM.144

Edicto.

Información pública do proxecto de expropiación, taxación conxunta, do inmoble sito en r/ Quiroga Ballesteros nº 23, A Cruz do Incio, referencia catastral 4141801PH3244S0001QI.
Mediante decreto da Alcaldía do 16 de xullo de 2010, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa e a relación de bens e dereitos que se inclúen nel para a Urbanización da zona verde ZVI-3 (EL 963 I), incluído no PXOM, así como aprobar inicialmente o expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta, a súa aprobación definitiva implica a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados (art. 143 e 144 Lei 9/2002, do 30 de decembro).
De conformidade co disposto no artigo 143 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente exponse ao público polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan formular as observacións e reclamancións que consideren convenientes, en particular no que respecta á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.
O Incio, 21 de xullo de 2010.