martes, 15 de abril de 2008

ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NA CEA DO PSdeG-PSOE DO INCIO


O pasado sábado día 12 de abril celebrouse no campo da festa do Val do Mao a primeira Festa Socialista do PSdeG-PSOE do Incio, na que concurriron máis dun centenar de persoas. A cea que comezou pasadas as 21:30 horas da noite contou coa presenza de tódolos membros da Agrupación do Incio, así como afiliados e simpatizantes da localidade. A festa tamén contou coa presenza de Margarita Pérez Arrainz, que é deputada no Congreso dos Deputados en Madrid, así como os deputados autonómicos José Tomé Roca e Miguel Anxo Fernández. Os alcaldes da Comarca de Sarria, Claudio Garrido de Sarria, Julio Gallego de Samos e Dario Piñeiro de Láncara tamén se sumaron á celebración, así como membros e portavoces doutras Agrupacións da Comarca.

Despois da festa, todos puideron disfrutar da actuación en directo do Grupo Luna, que actuou para deleite dos asistentes ata altas horas da madrugada.

1 comentario:

Unknown dijo...

foi a primeira cea celebrada en TERRITORIO APACHE que confirmou o imparable progreso en credibilidade da Agrupación Socialista do Incio.E o primeiro paso de cara a vitoria das municipais do 2011. ADIANTE...