martes, 13 de mayo de 2008

ABRE O PRAZO PARA SOLICITAR AS AXUDAS DESTINADAS A ERRADICAR A INFRAVIVENDA NO MEDIO RURAL ATA O 30 DE XUÑO POR IMPORTE DE 4 M. EUROS

O DOG publica hoxe a orde que establece o prazo, contía das axudas e requisitos dos solicitantes, para solicitar as axudas destinadas á erradicación da infravivenda no medio rural dende mañá 14 de maio ata o 30 de xuño.
A subvención para este tipo de actuacións pode acadar o 80% do orzamento protexible nos Concellos con menos de 50.000 habitantes e de ata 65% no resto dos municipios. A contía máxima por axuda é de 30.000 euros para as actuacións de rehabilitación e de 45.000 euros para actuacións de renovación, adquisición e construcción de nova vivenda destinada o realoxo da familia que habita na infravivenda.
Estas axudas van destinadas a familias ou unidades convivenciais cuns ingresos ponderados que non superen o Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples (IPEM), 6.707€ anuais, que estean en risco de exclusión social e queiran mellorar a súa vivenda ou construír unha nova. Tamén van destinadas aos Concellos que queiran acondicionar inmobles ou construír vivenda dedicada ó realoxo das familias que habitan nunha infravivenda.
SOLICITUDES: Tanto as solicitudes de particulares como as dos Concellos, deberán xestionarse a través dos consistorios e serán estes os que presenten as solicitudes ante as delegacións da Consellería de Vivenda e Solo.
Máis información no DOG 13/05/2008.

No hay comentarios: