jueves, 8 de mayo de 2008

O PSdeG- PSOE DO INCIO PIDE A CELEBRACIÓN DUN PLENO INFANTIL NO CONCELLO



A Agrupación do PSdeG-PSOE do Incio pide que se celebre un pleno infantil na Casa Consistorial do Concello do Incio, en colaboración co centro educativo Ricardo Gasset.
Dende a Agrupación socialista entendemos que sería interesante achegar ós nen@s do noso Concello o coñecemento da vida institucional e democrática das institucións, e que xeito máis práctico de facelo que por un día eles sexan os protagonistas, convertendose en Alcalde, Tenentes-Alcalde, Concelleiros, en definitiva, coa creación dun pleno infantil na casa consistorial do Concello do Incio.
Un pleno infantil que fará que os nen@s do Concello visiten a casa constistorial, familiarizandose, deste xeito, coa institución que teñen máis cerca do lugar no que viven, e posteriormente, se constitúan nun pleno infantil, debatendo, sobor do seu Concello, ou de calquera outro tema de actualidade que desperte o seu interese.
A Agrupación socialista xa mantivo contacto co Director do Centro Ricardo Gasset, para comentar a viabilidade do proxecto, e amosou a sua colaboración, no caso claro está, de que o rexidor popular considere igualmente viable a celebración de devandito pleno infantil.

No hay comentarios: