miércoles, 11 de junio de 2008

O PROBLEMA DO CRUCE DE REBOIRO SEN SOLUCIÓN

A Agrupación socialista a través da sua portavoz no Concello, Laura Celeiro, presentou no pasado pleno (fai tres meses) un rogo no que se pedía que ó Alcalde que tomara cartas no asunto para arranxar unha situación problemática en canto á visibilidade na estrada que baixa por Reboiro e cruza coa estrada xeral dirección Cruz do Incio.
Dende a Agrupación socialista pediase a instalación dun espello para tentar paliar a mala visibilidade existente no lugar, petición que foi rexeitada polo equipo de Goberno debido a que según o rexedor, Ángel Camino, non era viable esa opción porque os espellos non duraban moito tempo, e con moita normalidade aparecían esnaquizados, polo que suxeriu como vía alternativa, solicitar permiso ó propietario da finca para que cedese uns metros de terra e deste xeito mellorar a visiblidade do lugar.
Tres meses despois, nin terreo, nin espello, eso sí... o cruce no mesmo sitio... agardando... igual de perigoso ca sempre.

No hay comentarios: