viernes, 27 de junio de 2008

POLÍTICA TERRITORIAL DESTINA 40 MILLÓNS DE EUROS AO PRIMEIRO TRAMO DO CORREDOR SARRIA-MONFORTE

A Consellería de Política Territorial investirá case 40 millóns na construción do treito entre Aspera e Monforte de Lemos, o primeiro en autorizarse do corredor Sarria-Monforte, que terá en total 28,7 quilómetros e un desembolso de 122 millóns de euros.
O tramo autorizado este xoves ten unha lonxitude de máis de 10 quilómetros, o que supón máis dunha terceira parte de todo o corredor, unha infraestrutura que dá continuidade á vía Nadela-Sarria, cuxas obras "están xa moi avanzadas", segundo informou a Xunta.
Así mesmo, destacou que todo o eixo Nadela-Sarria-Monforte, con máis de 50 quilómetros, supón unha alternativa á estrada convencional LU-546, mellorando a súa seguridade viaria e a mobilidade de todo o sur da provincia de Lugo.
O novo corredor Sarria-Monforte discorrerá, ademais de por estes dous concellos, polos municipios do Incio e Bóveda. Contará con sete enlaces, nove viadutos, 21 pasos superiores e 20 inferiores.
Tamén respecto de Monforte, o Consello da Xunta aprobou este xoves un decreto sobre o cambio de titularidade a favor deste concello lucense dun treito da estrada Monforte-A Rúa, de 800 metros de lonxitude.
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, resaltou que con estes investimentos o incremento de licitación de obra pública no que vai de ano con respecto ao mesmo período do ano pasado é do 89 por cento, xa que se licitaron un total de 562 millóns de euros.
FONTE: EL PROGRESO

No hay comentarios: