
CULTURA SOBRE RODAS. AS VIAXES DA CICLOBIBLIOTECA. Consiste nun triciclo con un gran caixón cheo de libros, co que se percorrerá a totalidade dos Concellos ata o 15 de setembro. Esta biblioteca móvil consta dun cento de libros de contido diverso pero sempre dende unha óptica ecoloxista, destinados os nenos pero tamén os hai adecuados para entreter a espera dos maiores que vaian os encontros.
Ó longo dos meses visitaranse tódolos municipios a razón de tres por día e con estancias de hora e media. Cada xornada, o primeiro dos turnos ten previsto chegar as doce, no segundo estará as cinco da tarde e o terceiro as sete. Os Concellos encargaranse de anunciar entre os seus veciños o lugar e a hora de chegada á Ciclobiblioteca. Leva clásicos como O Principiño, Os Bolechas, poemas de Manuel María, guías de O Courel, e de outras zonas e moitos máis, ata cen, moi variados. A maiores, a actividade inclue espectáculos como contacontos, e actividades como O Miramundo, que consiste nun tronco de madeira cun orificio feito por un antollo da natureza, como si se tratase dunha cámara de oito milímetros; O carballo con botas e un libro que irán escribindo tódolos participantes, de modo que ó final do verán quedará completado e engrosará esta orixinal biblioteca.
Agardamos que Anxo Moure, o "conductor" da ciclobiblioteca dé moito pedal para chegar pronto o Incio , e deste xeito os nosos pequechos e maiores poidan disfrutar axiña desta novedosa iniciativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario