Con motivo da festividade de San Cristóbal celébranse en Antas de Ulla as festas patronais, e unha vez máis o PSdeG-PSOE únese ós veciños nun xantar popular o día 20 de xullo no que tamén estades convidados tódol@s socialistas que o desexedes.
A recepción de autoridades e compañeir@s terá lugar na Praza do Concello ás 12:30 h e o xantar será na Carballeira de Vilane, na saída de Antas de Ulla hacia Agolada (preto da Gasolineira), as 14:00 horas. Se o tempo non acompaña haberá carpas pechadas.
Prezo: 18€
No hay comentarios:
Publicar un comentario