miércoles, 2 de julio de 2008

O INCIO CREA UNHA COMISIÓN POLÍTICA PARA REACTIVAR A FEIRA

A Corporación de O Incio acordou, ó longo dun pleno celebrado onte, constituir unha comisión con representantes de cada grupo político para intentar reactivar a feira que se celebra o día 22 de cada mes. Ademáis, a mesma comisión estudará a viabilidade de organizar un mercado anual de artesanía e productos alimentación típicos do municipio, para cuxa celebración o Concello aportaría as carpas necesarias.
A Agrupación Socialista do Incio presentou unha moción propoñendo a organización dunha feira anula de productos do Incio, a que se sumou o BNG. O Grupo de goberno (PP) tamén apoiou a iniciativa suxirindo, a sua vez, a creación desta comisión, ó tempo que ofreceu á portavoz Socialista, Laura Celeiro, presidila. A edil socialista decidiu reclinar dita invitación, xa que entendeu que é o Alcalde, polo cargo que ocupa, o encargado de dirixir dita comisión. Desta Comisión formarán parte Daniel Arias Jato (PP), María Gallego Maceda (BNG) e Laura Celeiro García (PSOE).
O longo da sesión plenaria, na que asistiron tódolos edís, tamén se aprobou, coa abstención do PSOE, a moción do PP pedindo a supresión ou modificación da tarifa electrica social, e se debateu unha proposta do BNG para transformar o antigo mercado gandeiro nun espazo público para actos sociais, culturais e de ocio. A proposta non saiu adiante cos votos en contra do PP e a abstención do grupo socialista.
Non foron debatidas por non considerarse de urxencia polo grupo de Goberno duas mocións presentadas de urxencia polo PSDG-PSOE do Incio, co gallo de pedir actividades extraescolares para os nen@as do Concello e para pedir que dende Alcaldía se organizaran actividades para os mozos/as do Incio nas tardes-noites do fin de semana.

No hay comentarios: