As axudas irán destinadas ás entidades asociativas e clubes deportivos para sufragar os gastos das actividades realizadas neste ano 2008. Poderán solicitar estas axudas as entidades culturais, agrupacións, asociacións de veciños, os clubes deportivos así como as asociacións deportivas e agrupacións deportivas legalmente constituídas e adaptadas á normativa vixente, que carezan de finalidade de lucro e que desenvolvan a actividade no ámbito territorial da provincia, sempre que as accións que desenvolvan cumpran o obxecto das bases. O prazo de solicitude prolongarase ata o 15 de setembro e a información está dispoñible na páxina web da Deputación de Lugo e nas dependencias da Área de Cultura e Deportes no Pazo de San Marcos.Para facer fronte ao pagamento destas axudas a Área de Cultura e Deportes asignou, nos orzamentos deste ano, un total de 1.100.000 euros. Ás axudas destinadas á realización de actividades de interese cultural irán destinados 500.000 euros, e as subvencións a entidades deportivas promotoras do deporte terán unha asignación de 600.000 euros. A Área de Cultura e Deportes contará cun prazo de 3 meses, a partir do remate do prazo de solicitude, para resolver as solicitudes e comunicarlles aos solicitantes a resultado da resolución. Unha vez recibida a resolución so adxudicatarios terán un prazo de 3 meses para presentar a conta xustificativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario