Convoco os Sres. Concelleiros á sesión extraordinaria urxente do Pleno da Corporación Municipal que terá lugar ó 5 de setembro do 2008, ás doce horas e trinta minutos (12:30), na Casa do Concello.
A partir desta data ten Vde. a súa disposición, nas dependencias municipais, os antecedentes relacionados cos asuntos que figuran na seguinte
ORDE DO DÍA
- Declaración, se procede, da urxencia deste Pleno.
- Adhesión, se procede, á asociación sen ánimo de lucro, "OS SETE CASTROS", relativa ó desenvolvemento do GDR-6.
- Adhesión, se procede, ó PACTO TERRITORIAL POLO EMPREGO DE LUGO.
- Adhesión, se procede, á ASOCIACIÓN IMPULSORA DO PACTO TERRITORIAL POLO EMPREGO DE LUGO
- Adxudicación provisional, se procede, da convocatoria pública de iniciativas para a creación dunha sociedade de economía mixta destinada á promoción, construcción e explotación do "PARQUE EÓLICO DO INCIO".
O INCIO, 4 setembro do 2008
No hay comentarios:
Publicar un comentario