viernes, 5 de septiembre de 2008

O INCIO ADHIRESE Ó PACTO TERRITORIAL POLO EMPREGO

No pasado pleno do día 5 de setembro acordouse por unanimidade dos concelleiros a adhesión ó GDR -6 "OS SETE CASTROS", igualmente e tamen por unanimidade se aprobou a adhesión ó Pacto Territorial polo Emprego de Lugo.
Recordemos que o Concello do Incio era un dos dez Concellos da provincia de Lugo que quedaba sen entrar non Pacto Territorial polo Emprego que ten unha partida de 86.500 euros e que ten por obxectivo a creación dun observatorio de traballo, inclue a creación dunha base de datos das empresas e un mapa de servizos, así como a posta en marcha dun plan de captación de empresas.
Según o Alcalde, non propuxo antes a Adhesión ó Pacto Territorial polo Emprego porque "non vía claro o que tiña que aportar o Concello".
Finalmente, e tamén por unanimidade se decidiu a adxudicación provisional da convocatoria pública de iniciativas para a creación dunha sociedade de economía mixta destinada a promoción, construcción e explotación dun "PARQUE EÓLICO SINGULAR NO INCIO".

No hay comentarios: