
Ainda que había autobús gratuito dende a capitalidade da comarca, os do Incio preferimos viaxar en coche particular, polo que ben cedo o sábado partimos con ilusión cara a gran cita socialista.
Cando chegamos ó recinto feiral de Vilagarcía a festa xa comenzara, a charanga fora, e un grupo de gaiteiros dentro amenizaron o acto.
O primeiro que fixemos foi adquirir o pano roxo de festa, e todos vistosos compartimos mesa cos compañeir@s da comarca de Sarria.
Todos xuntos, escoitamos os discursos dos diferentes cargos políticos, que culminaron coa sempre esclarecedora mensaxe do Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño. Unha mensaxe de optimismo e confianza para estos tempos de "crise" que acompaña o noso país.
Finalmente, veu a comida e a festa continuou.
Ainda que nós emprendemos camiño pronto, pois como din os maiores, "somos de lexos", non sen antes prometer ... que o ano que ven estaremos os do Incio na Festa dos Socialistas de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario