lunes, 6 de octubre de 2008

A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DO INCIO PIDE UNHA BARANDA DE PROTECCIÓN PARA RUBIÁN DE CIMA





No pleno que se celebrará o vindeiro día 7 de outubro, a Agrupación Socialista do Incio pedirá unha baranda de protección para a plazoleta que está situada á entrada da Igrexa de Rubián de Cima.


Veciños/as do lugar aseguraron a membros desta Agrupación que era necesaria a instalación dunha baranda de seguridade, pois a xente á entrada dos eventos relixiosos, concentrase na entrada do recinto e poden caer ó camiño de abaixo por non ter a protección necesaria. De feito, duas persoas caeron ó camiño que bordea ó pobo, onde por fortuna, todo quedou nun susto.

No hay comentarios: