miércoles, 8 de octubre de 2008

O PRESUPOSTO DO INCIO FOI APROBADO COS VOTOS EN CONTRA DO PSOE E BNG

No pleno ordinario celebrado no día de onte no Concello do Incio, aprobaronse os presupostos para o ano 2009. O presuposto é de 1.036.963 euros, unhos 36.000 euros máis ca na partida deste ano. Foi aprobado cos votos a favor do partido do Goberno (PP) e cos votos en contra do BNG e PSOE.
"Votamos en contra por consideralos unha copia dos do ano pasado, nos que apenas se fixeron modificacións, onde soben os gastos de persoal e os impostos directos e as taxas públicas, pero onde as inversións se manteñen practicamente igual" apuntaron dende o partido socialista. Asemade, dende o PSOE criticamos que non estén especificadas as parroquias que se verán beneficiadas polas inversións destinadas o acondicionamento e mellora dos accesos a núcleos municipais que alcanza os 60.000 euros.
Nos presupostos do 2009 destaca especialmente o incremento en gasto de persoal en máis de 60.000 euros.
O pleno tamén aprobou, cos votos en contra do BNG e o PSOE, a modificación da tasa de suministro de auga, que supón unha subida do 5,1% pola aplicación do incremento do IPC en Lugo este ano. Os socialistas cremos que non é o momento para subir os impostos senón para conxelalos. A tasa de recollida de basura sufrirá o mesmo incremento.
O pleno ratificou un decreto de alcaldía polo que se fixaban os festivos locais para o próximo ano, que serán o 15 de maio e o 24 de xuño. Ainda que acordaron que para o ano 2010 se fixará como festivo o luns seguinte ó primeiro domingo de maio, despois do 3 de maio, con motivo das festas de Santa Cruz.

No hay comentarios: