
Manuel Díaz González distinguiuse pola sua labor de carácter humanitario e pola sua labor solidaria coas persoas de poucos recursos. De feito, tamén era coñecido como o "médico dos pobres". Hai que señalar tamén que Manuel Díaz foi un gran colaborador da investigación sobor do bocio en España que realizou Gregorio Marañón, proporcionándolle datos sobor da incidencia desta enfermidade na zona.
Outro detalle biográfico pouco coñecido de Manuel Díaz foi o feito de ser compañeiro de estudos de Castelao na facultade de medicina compostelana, no que en opinión dos parentes puido influir na sua posición política. O médico tamén mantivo amizade con Santiago Casares Quiroga, unha das máis célebres personalidades políticas da Segunda República.
A actividade política de Manuel Díaz González como militante da Esquerda Republicana foi sen dúbida o que lle ocasionou a sua tráxica morte. Además de exerce de alcalde brevemente no ano 1924, tamén desempeñou o cargo de deputado provincial.
Hai que recordar que esta petición que fai a familia ó Concello do Incio, non é nova, pois no ano 1996 a Agrupación Socialista do Incio pedía a través dunha moción que se lle dedicara o nome dunha rúa do Incio a Manuel Díaz González. A resposta do Alcalde foi contundente: dixo que non se lle ia adicar unha rua pois os mortos o que había que facer por eles era rezar. Por outra parte, que como morrera en circunstancias de Guerra Civil era mellor non tocar o tema e que así llo comunicara á familia. Como fillos non tiña e sobriños moitos ¿A quén llo comunicou?.
Esperemos que desta volta, doce anos despois, o Alcalde do Incio recapacite e conceda unha merecida homenaxe a Manuel Díaz González.
No hay comentarios:
Publicar un comentario