O Consello da Xunta autorizou este xoves un gasto de case 8,3 millóns de euros para que a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes acometa obras de mellora e seguridade viaria en dúas estradas que atravesan a comarca luguesa de Sarria.
Deste investimento total, Política Territorial destinará 4.244.000 euros a obras de reforzo do firme e mellora da seguridade viaria na estrada Pedrafita-Alto do Hospital (LU-633), que cruza os concellos de Sarria, Samos e Triacastela. Trátase dunha rehabilitación do firme da actual estrada que se levará a cabo ao longo de 22 quilómetros (entre os puntos kilométricos 26,500 e 48,695) que se corresponden co treito comprendido entre Triacastela e Sarria.
A outra actuación se acometerá na estrada entre Castroncán, en Samos, e Sirgueiros, en Ou Incio (LU-641). Política Territorial investirá 4.051.000 euros no acondicionamiento e mellora de toda a estrada ao longo dos seus 15,2 quilómetros de lonxitude. Unha vez reformada, a estrada pasará a ter dúas carriles de 3,25 metros e dous arcenes de 0,50 metros, así como beirarrúas nas zonas de carácter urbano.

O aproximadamente kilómetro e medio que hai dende o cruce de Sirgueiros ata a capitalidade do Concello do Incio tamén se amañará, pois a Agrupación Socialista do Incio en conversacións mantidas co Delegado de Política Territorial, Daniel Núñez, comprometeuse a acometer as obras de mellora ata Santa Cruz do Incio.
Dende a Agrupación Socialista do Incio amosamos o noso contento porque finalmente, e despois de moitas promesas electoralistas do Partido Popular, será o goberno socialista da Xunta de Galicia o que acometa as obras de mellora deste vial atendendo as demandas diarias dos veciños/as do Incio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario