viernes, 9 de enero de 2009

UNHA BOA NOVA: A XUNTA LICITA O VIAL QUE UNE CASTRONCÁN CO INCIO

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta sacou a concurso as obras para a mellora da estrada que une Castroncán co Incio, por un importe de 4.051.422 euros e un prazo de execución dun ano según o publicado no DOG.
Os traballos afectarán a un tramo de 15,2 kilómetros de lonxitude, entre o núcleo de Castroncán e de Sirgueiros, no municipio do Incio.
A intervención ten como fin o acondicionamento e mellora da estrada, que, tras as obras, pasará a ter dous carrís de 3,25 metros cada un e arcéns de 0,50 metros. Ademáis, construiránse beirarúas de carácter urbán polas que pasa o vial.
Segundo informou onte a consellería, esta actuación enmarcase dentro das iniciativas da Xunta de Galicia a favor do reequilibrio territorial, dado que "se mellorarán de xeito significativo as comunicacións e as condicións de seguridade da circulación" en municipios da comarca de Sarria.

No hay comentarios: