
A empresa gañadora do concurso é unha unión temporal (UTE) formada por Acciona Infraestruturas e a construtora Ponciano Neto SL. As bases de licitación publicadas en setembro pola consellería advertían aos posibles aspirantes que o orzamento non debería superar en ningún caso os 37 millóns de euros e marcaba un prazo máximo de 36 meses para executar as obras. A empresa gañadora comprométese a construír este tramo de dez quilómetros da nova estrada por 25.179.373 euros.
O prazo de execución empezará a contar cando os adxudicatarios poñan ao choio. Unha vez descontado o tempo necesario para os preparativos previos, todo apunta a que as obras poderían empezar en abril ou en maio.
As bases para contratar este tramo foron publicadas en agosto no Diario Oficial de Galicia . O concurso para contratar os outros dous terzos desta nova estrada foi publicado un mes despois, así que todo apunta que o 100% do traxecto pode estar adxudicado entre febreiro e marzo, de maneira que a principios do verán poderían estar en obras os tres tramos.
Circunvalación interior
En todo caso, está claro que o que irá máis rápido é que o comunicará Monforte con Áspera, no termo municipal de Bóveda. A UTE formada por Acciona e Ponciano Neto construirá o enlace de Monforte co corredor na segunda rotonda da estrada de Chantada. Desde aí, o novo viario seguirá en dirección a Bóveda pola zona situada entre as instalacións de Prodeme e o antigo vertedoiro municipal de Ribas Altas, e entrará no municipio de Bóveda pola zona de Áspera, cerca do trazado da actual LU-533. Na práctica, este primeiro tramo fará funcións de circunvalación exterior que desconxestionará a rolda urbana de Monforte e permitirá eludir o paso polo barrio da Estación, agora obrigado para os condutores que queiran saír de Monforte en dirección a Lugo.
Entre Monforte e Bóveda, os 10,1 quilómetros desta vía de alta capacidade resolveranse como dous carriis de de tres metros e medio de ancho cada un. Igual que sucede no recentemente inaugurado itinerario entre Nadela e Sarria, non está prevista a construción de carriis para vehículos lentos. Iso si, igual que no caso de Sarria, a consellería asegura que a estrutura xeral da nova estrada está preparada para o seu desdobramento en autovía cando se considere que o tráfico que soporta faio necesario.
O novo corredor entre Sarria e Monforte pasará tamén polos municipios de Bóveda e O Incio e os seus 28,7 quilómetros terán sete enlaces coas estradas circundantes, nove viadutos, 21 pasos superiores e 20 inferiores.
A VOZ DE GALICIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario