lunes, 2 de febrero de 2009

AMIGO CASILLA

Estamos tristes os socialistas do Incio, foise para sempre o noso amigo e compañeiro Casilla. Un home querido e apreciado por todos.
Tiñamos pleno e foi o propio Alcalde o que anunciou o teu pasamento, Carlos e mais eu (concelleiros socialistas no Incio), non dabamos creto, non queríamos creer. Todos sabíamos que estabas maliño dende facía tempo, pero fucheste tan pronto... Ainda falaramos a semana pasada e me dicías que te ias poñer ben ainda que non ias poder ir á homenaxe do teu gran amigo Anxo.
Sempre estabas tan preocupado lembro que me contabas en nadal "Ei morrer e o coio do cura sen poñer..."
Eu nunca poderei esquencer o bo que fuxes comigo, cando me presentei como candidata ás eleccións municipais, acompañandome ó "porta a porta" polas casas do Incio. ¡Apreciabante todos tanto! Vai ahí o Casilla dicían.
Onte foi o teu velorio e canta xente estaba alí. Foi moi doloroso, entrar na túa casa (onde nos reunimos tantas veces os socialistas) para ter intimidade. Estabas sempre tan orgulloso daquel comedor novo que tiñas ¡tan grande!. Teño o recordo de ti tizando na leña ¡Frío non pasedes! o Casilla vai vello pero colabora no que faga falla comentabas! Se hai que ir para unha mesa vou!.
Ós teus pés colocaron o ramo de flores roxas do psoe do Incio, como a ti che gustaría.
Hoxe non temos palabras, só nos queda chorar a tua morte, pero o teu recordo e a pegada que deixaches en nós non se borrará endexamais!!


No hay comentarios: