lunes, 30 de marzo de 2009

O PSOE DO INCIO PEDIRÁ NO VINDEIRO PLENO UNHA BONIFICACIÓN DO 50% PARA OS MOZOS QUE CONSTRÚAN A SUA PRIMEIRA VIVENDA NO INCIO

O Grupo Municipal Socialista do Incio pedirá no vindeiro pleno a modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras para bonificar co 50% os mozos/as menores de 30 anos que constrúan a sua primeira vivenda no Concello do Incio.
Por todos é coñecido que o noso Concello, ó igual que moitos municipios do rural sofre día a día unha importante sangría demográfica. A xente nova marcha ás cidades na procura dunha vida mellor e establecen o seu lugar de residencia fóra das "fronteiras" do noso Concello.
É por elo e co ánimo de estímular, nestes momentos de dificultade, que os máis novos decidan ficar no municipio, propoñemos a este pleno que se modifique a ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, intalacións e obras, e se inclúa unha bonificación do 50% sobre a cuota do imposto en favor daqueles mozos/as menores de 30 anos que constrúan a sua primeira vivenda, sempre e cando, fixen a sua residencia no Concello do Incio e cuxa renda non sobrepase uns determinados límites.

No hay comentarios: