O Concello do Incio pretende modificar a ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre construccións, instalacións e obras co fin de introducir bonificacións para aqueles mozos/as menores de 30 anos que decidan ficar no municipio.
As bonificacións que poden alcanzar ata o 90% do imposto en certos casos concederanse no caso de que se cumpran os requisitos establecidos a tal efecto.
O asunto foi tratado no pleno a raíz dunha moción do grupo municipal socialista, ainda que non chegou a someterse a votación dada que foi desestimada a sua urxencia debido a que en breve se modificará a devandita ordenanza.
Foron descartadas asemade polo equipo de goberno as mocións presentadas polos socialistas nas que pedían a celebración de xornadas sobor de temas de actualidade así como a revisión da ordenanza de limpeza e ornato de vías públicas para buscar solucións a aquelas vivendas que non poidan canalizar as augas fecais ou residuais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario