
É por elo que o Grupo Municipal Socialista entende que sería moi positivo que para a nosa xuventude se promoveran xornadas en materias de educación ambiental, emprego, trastornos alimentarios, sexualidade, violencia de xénero, igualdade, drogas, conducción responsable ó volante, alcohol, así como outros temas que puideran ser do seu interese.
O Grupo Municipal Socialista somete a aprobación do pleno que se organicen dende o Concello e en colaboración coa Administración Autonómica xornadas ou charlas- coloquios dirixidos á xuventude do Incio para dar resposta e deixar claras as dúbidas que poidan ter en cuestións de actualide.
No hay comentarios:
Publicar un comentario