
O Presidente da Confederación Hidrográfica, Francisco Liñares visitou a parroquia de Vilasouto o pasado mércores día 23 de xullo. Ainda que o día estivo pasado por auga, a maior parte dos veciños da parroquia estiveron presentes na visita do Presidente que se interesou en tódalas inquietudes que lle comentaron os veciños e veciñas do lugar.
Era a primeira visita dun Presidente da Confederación a Vilasouto, pobo que no seu día foi asolagado coa construcción dunha presa.
Entre os temas que se abordaron destacou a necesidade da construcción dunha fonte en Vilasouto, que serviría tanto para abastecer os veciños da parroquia como parte da recuperación histórica do pobo.
O Presidente tamén se interesou polas constantes deficiencias en canto ó abastecemento de auga que teñen os veciños (os que viven na parte alta da parroquia) agora que chega o verán e aumenta o número de xente foranéa.
A intensa choiva non impediu que o Presidente visitara en situ o lugar no que os veciños pretenden construír a fonte, atendendo tódalas suxestións que os lugareños lle facían ó respecto.
A visita rematou cunha visita á Igrexa vella de Vilasouto, outra reivindicación de moitos anos dos veciños, pois urxe a necesidade de acondicionar polo menos o tellado do inmoble, porque debido ó estado de ruindade do edificio, é probable que en poucos anos se veña abaixo co perigo que iso implica para as persoas, dado que o cimenterio parroquial sigue estando ó redor da vella igrexa de San Mamede.
Francisco Liñares comprometeuse a estudar tódalas demandas dos veciños e a voltar a Vilasouto tan pronto como a súa apretada axenda llo permitise.
Na visita tamén estiveron presentes o promotor da visita Jose Antonio Vilar, veciño de Calvos e membro da executiva do partido socialista do Incio e a portavoz do PSdeG-PSOE no Incio; Laura Celeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario